47
Fomentade vós, pais e nais de familia, diversións sas e alegres, tan afastadas da beataría como do ton mundano que ofende a moral cristiá. Desas reunións sairán –bendiraos o Señor– matrimonios entre os vosos fillos, que herdarán a felicidade e a paz que aprenderon nos vosos fogares luminosos e alegres.
No campo deste apostolado da diversión, non esquezades que o principal dos puntos craves, que habedes de defender coa vosa acción cidadá, é a moralidade dos espectáculos públicos: unha mocidade, que viva nun ambiente colectivo de fácil libertinaxe, é difícil que chegue a formar fogares cristiáns.
Todo labor honesto pódese orientar con espírito cristián e apostólico
Este punto noutro idioma
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/47/ (14-12-2025)