49
E xa que falamos desta materia, quero dicirvos que –por desgraza– non é verdade o que di quen fala das nosas actividades no campo económico, que son pouco menos que inexistentes: as normais, para a vida e o desenvolvemento dunha familia numerosa e pobre. Oxalá fosen mil veces máis!
Todas as sociedades –de calquera estilo– teñen que mover fondos económicos, para cumprir o seu fin. Mágoa que non teñan razón, cando murmuran así de nós! Aínda entón –cando tivesen razón–, a Obra seguiría sendo pobre, como o será sempre; porque ha de soster en todo o mundo tantos labores apostólicos, que son deficitarios; porque ha de formar aos seus membros, durante toda a vida, e iso custa diñeiro; porque ha de atender aos socios enfermos e anciáns; porque sempre teremos, e cada día en máis número, a bendita carga de axudar economicamente aos pais dos membros da Obra, anciáns ou enfermos, que necesitan axuda para sosterse, etc.
En todo caso, esas actividades económicas, se existen –e deben existir canto antes–, farémolas sempre respectando as leis do país, pagando contribucións e taxas, como o cidadán que cumpra mellor: non queremos, non é o noso modo, vivir de privilexios.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/49/ (14-12-2025)