50
En ocasións, esas xentes murmuradoras pertencen a algún grupo oficial, que se reparte o diñeiro dos contribuíntes, contra a vontade dos cidadáns do país; e á vez quererían que nós non puidésemos respirar, que non tivésemos dereito ao traballo nin a sacrificarnos, vivindo dunha maneira pobre, para soster e sacar adiante obras de beneficencia, de educación, de cultura, de propaganda cristiá. Son inimigos da liberdade –enténdese, da liberdade dos demais–, e queren facer discriminacións entre os cidadáns.
Todas as asociacións, de calquera xénero que sexan –relixiosas, artísticas, deportivas, culturais, etc.–, necesariamente han de ter e mover algún diñeiro, para soster os medios necesarios no cumprimento dos seus fins: quen disto faga motivo de escándalo, demostra polo menos ser un insensato.
Cando se fala de asociacións relixiosas, veñen inmediatamente como exemplo a Sociedade Bíblica ou o Exército de salvación*************, que posúe bancas, sociedades de seguros etc. Ninguén se escandaliza: necesitan eses medios para facer os seus labores de propaganda e de beneficencia. En moitos Estados, ademais de non criticar as actividades económicas desas asociacións relixiosas, non lles poñen impostos; dispénsanlles de pagalos, polo labor social que fan.
É de xustiza, polo tanto, que –en todo o mundo– as entidades oficiais nos fagan préstamos e mesmo donativos. Cando sexa así, non farán máis que cumprir co seu deber; porque, co noso labor público e social, descargámoslles de parte das súas obrigacións: esas autoridades, se axudan da mesma maneira que a outras institucións culturais e de beneficencia, non farán máis que o que é xusto.
Mentalidade de servizo
*** «Sociedade Bíblica»: orixinalmente clamada The British and Foreign Bible Society, ou simplemente The Bible Society, foi fundada en 1804. Con outras sociedades bíblicas, forma parte das United Bible Societies, que trata de facer accesible la Biblia en todo o mundo. «Exército de salvación»: The Salvation Army é una denominación cristiá protestante e unha organización benéfica, fundada en 1865. (N. del E.)
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/50/ (14-12-2025)