52
Quen ten dedicado a súa actividade á vida pública, debe sentirse urxido a non absterse de traballar en todos os réximes, tamén naqueles que non están informados polo sentido cristián, a non ser que a xerarquía ordinaria do país dea outro criterio aos cidadáns católicos. Porque non vos permite a vosa conciencia que gobernen os que non son católicos e, aínda nas circunstancias máis adversas para a relixión, sempre poderedes impedir que se fagan males maiores. Cómpre que non abandonedes o campo en ningún tipo de réxime**************, sen que por iso vos tachen –sería inxusto– de colaboracionistas. Fillos meus, máis se se trata de nacións cunha maioría católica, sería incomprensible que non houbese no goberno católicos practicantes e responsables e, por tanto, membros das distintas asociacións de fieis. Se non fose así, podería dicirse que eses católicos nin son practicantes nin responsables nin católicos, ou que a Igrexa está perseguida.
Cando haxades de participar en tarefas de goberno, poñede todo o empeño en ditar leis xustas, que poidan cumprir os cidadáns. O contrario é un abuso de poder e un atentado á liberdade da xente: deforma as súas conciencias, ademais, porque –neses casos– teñen perfecto dereito a deixar de cumprir esas leis que só o son de nome.
Respectade a liberdade de todos os cidadáns, tendo en conta que o ben común debe ser participado por todos os membros da comunidade. Dade a todos a posibilidade de elevar a súa vida, sen humillar a uns, para levantar aos demais; ofrecede, aos máis humildes, horizontes abertos para o seu futuro: a seguridade dun traballo retribuído e protexido, o acceso á igualdade de cultura, porque isto –que é xusto– levará luz ás súas vidas, cambiará o seu humor e facilitaralles a procura de Deus e de realidades máis altas. Fillos da miña alma, non esquezades –con todo– que a miseria máis triste é a pobreza espiritual, a carencia da doutrina e da participación na vida de Cristo.
O matrimonio é camiño divino na terra
**** «non abandonedes o campo en ningún tipo de réxime»: a opción que propón Escrivá é seguir a propia vocación profesional, a menos que a Xerarquía católica dispoña outra cousa. No caso do Opus Dei, é coñecida a acusación de colaboracionismo co réxime do xeneral Franco, desde que dous dos seus membros entraron no goberno español en 1957 e outros o fixeron en anos sucesivos. Con todo, a xerarquía católica española non desaconsellou, máis ben apoiou, a colaboración dos católicos co réxime franquista pois –aínda que non recoñecía as liberdades políticas– parecía garantir a presenza da mensaxe evanxélica na vida pública. Cfr. González Gullón – Coverdale, Historia del Opus Dei, pp. 221-225; 227-234. (N. del E.)
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/52/ (14-12-2025)