54
Dígovos a vós, fillas e fillos meus, que fostes chamados por Deus para formar un fogar, que vos queirades, que vos teñades sempre o amor ilusionado que vos tivestes cando erades noivos. Pobre concepto ten do matrimonio, que é un ideal e unha vocación, quen pensa que a alegría se acaba cando empezan as dificultades e contratempos que a vida leva consigo.
É entón cando o amor se vigoriza, cando se fai máis forte que a morte: fortis est ut mors dilectio73. Os torrentes das penas e das contradicións non son capaces de apagar o verdadeiro amor: únevos máis o sacrificio xenerosamente compartido –aquæ multæ non potuerunt extinguere caritatem74– e as moitas dificultades, físicas ou morais, non poderán apagar o cariño.
O voso matrimonio será, de ordinario, moi fecundo. E, se Deus non vos concede fillos, dedicaredes as vosas enerxías con maior intensidade ao apostolado, que vos dará unha fecundidade espiritual espléndida. O Señor adoita coroar as familias cristiás con coroa de fillos, díxenvos moitas veces. Recibídeos sempre con alegría e agradecemento, porque son agasallo e bendición de Deus e unha proba da súa confianza.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/54/ (14-12-2025)