55

A facultade de procrear é como unha participación do poder creador de Deus, da mesma maneira que a intelixencia é como un chispazo de luz do entendemento divino. Non ceguedes as fontes da vida. Sen medo! Son criminais –e non son nin cristiás nin humanas– esas teorías que tentan xustificar a necesidade de limitar os nacementos con falsas razóns económicas, sociais ou científicas que, en canto se analizan, non se teñen en pé. Son covardía, fillos meus; covardía e afán de xustificar o inxustificable.

É de lamentar que esas ideas procedan moitas veces de casuísticas, expostas por sacerdotes e relixiosos, que se entremeten imprudentemente onde ninguén os chama, manifestando en ocasións unha curiosidade morbosa e demostrando que teñen pouco amor á Igrexa –entre outras cousas–, porque o Señor quixo poñer o sacramento do matrimonio como medio, para o crecemento e extensión do seu Corpo Místico.

Non dubidedes de que a diminución dos fillos nas familias cristiás redundaría na diminución do número de vocacións sacerdotais, e de almas que se queiran dedicar para sempre ao servizo de Xesucristo. Eu vin bastantes matrimonios que, non dándolles Deus máis que un fillo, tiveron a xenerosidade de ofrecerllo a Deus. Pero non son moitos os que o fan así. Nas familias numerosas é máis fácil comprender a grandeza da vocación divina e, entre os seus fillos, hainos para todos os estados e camiños.

Este punto noutro idioma