57

Nos vosos fogares, que sempre cualifiquei de luminosos e alegres, educaranse os vosos fillos nas virtudes sobrenaturais e humanas, nun clima de liberdade, de sacrificio alegre. E cantas vocacións virán á Obra, desde eses fogares que eu chamei as escolas apostólicas do Opus Dei! Unha das grandes e frecuentes alegrías da miña vida é ver unha cara, que me lembra a aquel mozo que eu coñecía hai tantos anos. Ti –pregúntolle– ¿como te chaman?, ¿es fillo de fulano? E gozo, dando grazas a Deus, cando me responde afirmativamente.

O secreto da felicidade conxugal está no cotián: en atopar a alegría escondida, que hai na chegada ao fogar; na educación dos fillos; no traballo, no que colabora toda a familia; no aproveitamento tamén de todos os adiantos que nos proporciona a civilización, para facer o fogar agradable –nunca nada que cheire a convento, que sería anormal–, a formación máis eficaz, a vida máis sinxela.

Este punto noutro idioma