58

Vós axudaredes tamén co voso trato a que as familias –poucas– dalgúns dos meus fillos, que non acaban de comprender o seu camiño de dedicación ao servizo de Deus, cheguen a agradecer ao Señor ese favor inestimable de ser chamados para ser pais e nais dos fillos de Deus na súa Obra. Nunca pensaron que os seus fillos se dedicasen a Deus e, pola contra, fixeran para eles plans ben distantes desa entrega, que non esperaban, e que vén destruír os seus proxectos, moitas veces nobres, pero terreos. De todos os xeitos, a miña experiencia –xa non breve– ensíname que os pais, que non recibiron con alegría a vocación dos seus fillos, acaban por renderse, achéganse á vida de piedade, á Igrexa, e terminan por amar a Obra.

Son, por graza de Deus, cada día máis abundantes, a pesar das consideracións anteriores, as familias –pais, irmáns e parentes– que reaccionan de modo sobrenatural e cristián, ante a vocación; e que axudan, piden a entrada como supernumerarios ou son, polo menos, grandes cooperadores.

Ao falar coas nais e os pais dos meus fillos, adoito dicirlles: : non acabou a vosa misión de pais. Tédeslles que axudar a ser santos. E como? Sendo vós santos. Estades a cumprir un deber de paternidade axudándoos, axudándome a que sexan santos. Deixádeme que volo diga: o orgullo e a coroa do Opus Dei sodes as nais e os pais de familia, que tedes trouzos do voso corazón entregados ao servizo da Igrexa.

Audacia ao cumprir a nosa misión

Este punto noutro idioma