6
Pero volvede os ollos a eses pobos, que alcanzaron un crecemento case incrible de cultura e de progreso; que, en poucos anos, levaron a cabo unha evolución técnica admirable que lles proporciona un alto nivel de vida material. As súas investigacións –é unha marabilla como Deus axuda á intelixencia humana– deberían movelos a achegarse a Deus, porque, na medida en que son realidades verdadeiras e boas, proceden de Deus e conducen a El.
Con todo, non é así: tampouco eles, a pesar do seu progreso, son máis humanos. Non poden selo, porque, se falta a dimensión divina, a vida do home –por moita perfección material que alcance– é vida animal. Só cando se abre ao horizonte relixioso culmina o home o seu afán por distinguirse das bestas: a relixión, desde certo punto de vista, é como a máis grande rebelión do home, que non quere ser unha besta.
Na orde relixiosa, fillas e fillos meus, non hai progreso, non hai posibilidade de adianto. O cume dese progreso deuse xa: é Cristo, alfa e omega, principio e fin . Por iso, na vida espiritual non hai nada que inventar; só cabe loitar por identificarse con Cristo, ser outros Cristos –ipse Christus–, namorarse e vivir de Cristo, que é o mesmo onte que hoxe e será o mesmo sempre: Iesus Christus heri et hodie, ipse et in sæcula19. Comprendedes que eu vos repita, unha e outra vez, que non teño outra receita que darvos máis que esta: santidade persoal? Non hai outra cousa, fillos meus, non hai outra cousa.
Fermento para divinizar os homes
Hb 13,8.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/6/ (14-12-2025)