60

Dade a todos os homes o exemplo da vosa austeridade cristiá e do voso sacrificio. Díxonos o Señor: se alguén quere vir tras de min, néguese a si mesmo77. El fíxonos sentir, fillos meus, a fecundidade de vernos pisados, desfeitos no lagar, como a uva, para ser viño de Cristo!

En todo momento, sede serenos –nin violentos, nin agresivos, nin exaltados–, con esa serenidade, que é un modo de comportarse que esixe o exercicio das virtudes cardinais. A conciencia viva da nosa filiación divina daravos esa serenidade, porque este trazo típico do noso espírito naceu coa Obra, e en 1931 tomou forma*******************: en momentos humanamente difíciles, nos que tiña con todo a seguridade do imposible –do que hoxe contemplades feito realidade–, sentín a acción do Señor que facía xerminar no meu corazón e nos meus beizos, coa forza de algo imperiosamente necesario, esta tenra invocación: Abba! Pater! Estaba eu na rúa, nun tranvía: a rúa non impide o noso diálogo contemplativo; o bulicio do mundo é, para nós, lugar de oración. Probablemente fixen aquela oración en voz alta, e a xente debeu tomarme por tolo: Abba! Pater! Que confianza, que descanso e que optimismo vos dará, no medio das dificultades, sentirvos fillos dun Pai, que todo o sabe e que todo o pode. Fillos meus, exhórtovos a que sigades adiante e a que vos esforcedes por levar unha vida serena, laboriosa nos vosos negocios, traballando coas vosas mans como volo recomendamos, a fin de que vivades honradamente aos ollos dos estraños e non padezades necesidade. E a paz de Cristo reine nos vosos corazóns78.

Bendícevos con toda a alma o voso Pai.

Roma, 9 de xaneiro de 1959

Notas
77

Mt 16,24.

*******************

*** * «en 1931 tomou forma»: o feito foi evocado diversas veces polo fundador do Opus Dei, que o consideraba unha importante luz de Deus (cfr. Andrés Vázquez de Prada, El Fundador del Opus Dei, vol. I, Madrid, Rialp, 1997, pp. 388-392). (N. del E.)

78

1 Ts 4,10-12; Col 3,15.

Este punto noutro idioma