7
Faise necesario un fermento, un fermento que divinice aos homes e, ao facelos divinos, os faga ao mesmo tempo verdadeiramente humanos. Aínda moitos dos que se chaman discípulos de Xesús, aínda os que se mostran oficialmente piadosos, teñen necesidade de fermento. O fermento fai a pasta tenra e lixeira, espónxaa, elabóraa, dándolle as condicións propias para a alimentación. Sen fermento, a fariña e a auga non producirían máis que unha masa compacta, indixesta, malsá.
Deus Noso Señor, no medio das grandes desercións, sempre se reservou un resto de homes fieis, que actuasen na masa como fermento. Volverá un resto, un resto de Xacobe, ao Deus forte; porque, aínda que fose o teu pobo, Israel, como as areas do mar, solo un resto volverá20; o froito restante queda na oliveira, cando se sacode, cando se fai o rebusco21, dicían os profetas. Tamén no tempo presente –escribía San Paulo aos romanos– quedou un resto, en virtude dunha elección feita por pura graza22. Xesús puxo como fermento uns poucos: aquel grupo de homes santos e de santas mulleres, que colaboraban cos primeiros, en cuxos corazóns fixera unha sementeira marabillosa.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/7/ (14-12-2025)