Cartas I
Cartas I. Con este título comezou, en setembro de 2020, a edición pública das cartas longas que san Josemaría escribiu aos membros do Opus Dei. San Josemaría serviuse da predicación oral e doutros escritos, para transmitirlles a mensaxe de santidade na vida ordinaria. Entre eles destacan as Instrucións e as Cartas, nas que explica a natureza e os apostolados do Opus Dei.
Neste volume recóllense as catro primeiras cartas de tema espiritual. Todas elas iluminan o itinerario da vida cristiá no medio do mundo, e ábrense así a todos os lectores interesados na mensaxe de santidade na propia existencia. Como escribe Mons. Fernando Ocáriz no prólogo de Cartas I: “Tratábase de abrir a homes e mulleres «os camiños divinos da terra», de mostrar que os nobres quefaceres humanos podían ser percorridos en comuñón con Deus de modo que fosen tamén camiños de santidade”. Estas catro primeiras cartas tratan sobre a vida corrente como camiño de santidade, a humildade, a misión do cristián na vida social, e a caridade na transmisión da fe.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/cartas-1/ (14-12-2025)