Cartas II

Cartas II. Publicada en 2022, esta edición consta de catro novas cartas de tema espiritual, datadas entre 1939 e 1943, aínda que profundamente reelaboradas na década de 1960. Os seus temas son: a misión dos laicos no ámbito da educación; unha descrición do carisma do Opus Dei e da súa misión evanxelizadora; o labor de formación cristiá da mocidade e o espírito de servizo á Igrexa.

Xunto ás Instrucións, estas cartas son documentos nos que Josemaría Escrivá de Balaguer explica a natureza e os apostolados do Opus Dei, ao mesmo tempo que mostra de maneira práctica como seguir a Xesucristo no mundo de hoxe e difundir o Evanxeo onde cada un se atope. Como sucede con outros escritos de san Josemaría dirixidos aos membros do Opus Dei, a maioría dos seus ensinos teñen valor universal, e poden interesar a un amplo público, especialmente polo que respecta á vocación dos laicos á santidade.

Este libro noutro idioma