Conversacións con Mons. Escrivá de Balaguer

O libro recolle sete entrevistas que concedeu san Josemaría, entre 1966 e 1968, a Le Figaro, The New York Times, Time, L'Osservatore della Domenica e a varias revistas españolas (Telva, Gaceta Universitaria e Palabra).

O fundador do Opus Dei responde, a miúdo cumpridamente, as preguntas que lle fan sobre a Igrexa e o Concilio -que acababa de concluír-, os dereitos e liberdades individuais, a vida universitaria, a muller e a sociedade, o Opus Dei etc.

O libro conclúe coa homilía Amar o mundo apaixonadamente, pronunciada no campus da Universidade de Navarra o 8 de outubro de1967, ante 40.000 persoas procedentes de España e doutros países europeos e americanos. Esta homilía, de gran alento espiritual, expresa de maneira clara, condensada e directa, o espírito no que se inspiran as respostas dadas polo fundador do Opus Dei aos diferentes entrevistadores.

Conversacións con Mons. Escrivá de Balaguer foi publicado por primeira vez no último trimestre de 1968 en castelán, inglés, italiano e portugués. Despois apareceu publicado en varios idiomas máis.

Este libro noutro idioma