É Cristo que pasa
É Cristo que pasa recolle 18 homilías de san Josemaría que toman por motivo diversas festas distribuídas ao longo do ciclo litúrxico. O fío condutor é a filiación divina, que implica a chamada universal á santidade, a santificación do traballo ordinario, a contemplación no medio do mundo, a unidade de vida. A primeira edición é de 1973.
O beato Álvaro del Portillo explica na presentación do libro que este volume recolle unha pequena parte da gran catequese que levou a cabo o fundador do Opus Dei coa súa predicación. "As homilías non constitúen un tratado teolóxico, no sentido corrente da expresión. Non foron concibidas como un estudo ou unha investigación sobre temas concretos; están pronunciadas a viva voz, ante persoas das máis diversas condicións culturais e sociais, con ese don de linguas que as fai alcanzables a todos. Pero eses pensamentos e consideracións están tecidos no coñecemento asiduo, amoroso da Palabra divina. Mons. Escrivá de Balaguer non se dirixe -non hai que perder de vista que son textos falados- a un auditorio de especulativos, de curiosos da espiritualidade cristiá. Fala a persoas de carne e óso, que teñen xa na alma a vida de Deus ou que, barruntando o amor divino, están dispostos a achegarse a El".
- VOCACIÓN CRISTIÁ1–11
- O TRIUNFO DE CRISTO NA HUMILDADE12–21
- O MATRIMONIO, VOCACIÓN CRISTIÁ22–30
- NA EPIFANÍA DO SEÑOR31–38
- NO OBRADOIRO DE XOSÉ39–56
- A CONVERSIÓN DOS FILLOS DE DEUS57–66
- O RESPECTO CRISTIÁN Á PERSOA E Á SÚA LIBERDADE67–72
- A LOITA INTERIOR73–82
- A EUCARISTÍA, MISTERIO DE FE E DE AMOR83–94
- A MORTE DE CRISTO, VIDA DO CRISTIÁN95–101
- CRISTO PRESENTE NOS CRISTIÁNS102–116
- A ASCENSIÓN DO SEÑOR AOS CEOS117–126
- O GRAN DESCOÑECIDO127–138
- POR MARÍA, CARA A XESÚS139–149
- NA FESTA DO CORPUS CHRISTI150–161
- O CORAZÓN DE CRISTO, PAZ DOS CRISTIÁNS162–170
- A VIRXE SANTA, CAUSA DA NOSA LEDICIA171–178
- CRISTO REI179–187
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/ (14-12-2025)