13

Xesucristo, perfecto Deus e perfecto home

O Fillo de Deus fíxose carne e é perfectus Deus, perfectus homo2, perfecto Deus e perfecto home. Neste misterio hai algo que debería remover os cristiáns. Estaba e estou conmovido: gustaríame volver a Loreto. Voume alí co desexo, para revivir os anos da infancia de Xesús, ao repetir e considerar ese Hic Verbum caro factum est.

Iesus Christus, Deus Homo, Xesucristo Deus-Home. Unha das magnaliaDei3, das marabillas de Deus, que debemos meditar e que debemos agradecer a este Señor que veu a traer a paz na Terra aos homes de boavontade4. A todos os homes que queren unir a súa vontade á Vontade boa de Deus: non só aos ricos, nin só aos pobres!, a todos os homes, a todos os irmáns! Que irmáns somos todos en Xesús, fillos de Deus, irmáns de Cristo: a súa Nai é a nosa Nai.

Non hai máis ca unha raza na terra: a raza dos fillos de Deus. Todos temos que falar a mesma lingua, a que nos aprende o noso Pai que está nos ceos: a lingua do diálogo de Xesús co seu Pai, a lingua que se fala co corazón e coa cabeza, a que empregades agora vós na vosa oración. A lingua das almas contemplativas, a dos homes que son espirituais, porque se decataron da súa filiación divina. Unha lingua que se manifesta en mil mocións da vontade, en luces claras do entendemento, en afectos do corazón, en decisións de vida recta, de ben, de contento, de paz.

É preciso mirar o Neno, o noso Amor, no berce. Témolo que mirar sabendo que nos atopamos diante dun misterio. Ne cesitamos aceptar o misterio pola fe e, tamén pola fe, profundar no seu contido. Para isto, fannos falta as disposicións humildes da alma cristiá: non querer reducir a grandeza de Deus aos nosos pobres conceptos, ás nosas explicacións humanas, senón comprender que ese misterio, na súa escuridade, é unha luz que guía a vida dos homes.

Vemos —di san Xoán Crisóstomo— que Xesús saíu de nós e da nosa substancia humana, e que naceu de Nai virxe: pero non entendemos de que xeito se puido realizar ese prodixio. Non nos cansemos intentando descubrilo: aceptemos máis ben con humildade o que Deus nos revelou, sen esculcar con curiosidade o que Deus nos ten agochado5. Así, con este acatamento, saberemos comprender e amar; e o misterio será para nós unha ensi-nanza espléndida, máis convincente que calquera razoamento humano.

Notas
2

Símbolo Quicumque.

3

Act II, 11.

4

Lc II, 14.

5

San Xoán Crisóstomo, In Matthaeum homiliae, 4, 3 ( PG 57, 43).

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma