136

Vida de oración, en segundo lugar, porque a entrega, a obediencia, a mansedume do cristián nacen do amor e ao amor encamíñanse. E o amor leva ao trato, á conversa, á amizade. A  vida cristiá require un diálogo constante con Deus Un e Trino, e a esa intimidade é onde nos conduce o Espírito Santo. Quen sabe das cousas do home, senón só o espírito do home, que está dentro del? Así as cousas de Deus ninguén as coñeceu senón o Espírito de Deus31. Se temos relación asidua co Espírito Santo, farémonos tamén nós espirituais, sentirémonos irmáns de Cristo e fillos de Deus, a quen non dubidaremos en invocar como a Pai que é noso32.

Acostumémonos a frecuentar ao Espírito Santo, que é quen nos ha santificar: a confiar nel, a pedir a súa axuda, a sentilo preto de nós. Dese xeito irase agrandando o noso pobre corazón, teremos máis ansias de amar a Deus e, por El, a todas as criaturas. E reproducirase nas nosas vidas esa visión final da Apocalipse: o espírito e a esposa, o Espírito Santo e a Igrexa — e cada cristián— que se dirixen a Xesús, a Cristo, e pídenlle que veña, que estea connosco para sempre33.

Notas
31

1 Cor II, 11.

32

Cfr. Gal IV, 6; Rom VIII, 15.

33

Cfr. Apoc XXII, 17.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma