15
Como calquera outro suceso da súa vida, non deberiamos xamais contemplar eses anos ocultos de Xesús sen sentírmonos afectados, sen recoñecelos como o que son: chamadas que nos dirixe o Señor, para que saiamos do noso egoísmo, da nosa comodidade. O Señor coñece as nosas limitacións, o noso personalismo e a nosa ambición: a nosa dificultade para esquecernos de nós mesmos e entregarnos aos demais. Sabe o que é non atopar amor, experimentar que aqueles mesmos que din que o seguen, fano só a medias. Lembrade as escenas tremendas, que nos describen os Evanxelistas, nas que vemos os Apóstolos cheos aínda de aspiracións temporais e proxectos só humanos. Pero Xesús elixiunos, mantennos onda El, e encoméndalles a misión que recibira do Pai.
Tamén nos chama a nós, e pregúntanos, como a Santiago e a Xoán: Potestis bibere calicem, quem ego bibiturus sum?9: Esta-des dispostos a beber o cáliz —este cáliz da entrega completa ao cumprimento da vontade do Pai— que eu vou beber?, Pos sumus! 10; si, estamos dispostos!, é a resposta de Xoán e de Santiago. Vós e mais eu, estamos seriamente dispostos a cumprir, en todo, a vontade do noso Pai Deus? Démoslle xa ao Señor o noso corazón enteiro, ou seguimos apegados a nós mesmos, aos nosos intereses, a nosa comodidade, ao noso amor propio? Hai algo que non responde á nosa condición de cristiáns, e que fai que non nos queiramos purificar? Hoxe preséntasenos a ocasión de rectificar.
É necesario convencerse de que Xesús nos dirixe persoalmente estas preguntas. É El quen as fai, non eu. Eu non me atrevería nin a suxerirmas a min mesmo. Estou seguindo a miña oración en voz alta, e vós, cada un de nós, por dentro, está confesando ao Señor: Señor, que pouco vallo, que covarde fun tantas veces! Cantos erros!: nesta ocasión e naquela, e aquí e acolá. E podemos exclamar aínda: menos mal, Señor, que me sostiveches coa túa man, porque me vexo capaz de todas as infamias. Non me soltes, non me deixes, trátame sempre como a un neno. Que eu sexa forte, valente, enteiro. Pero axúdame como a unha criatura inexperta; lévame da túa man, Señor, e fai que a túa Nai estea sempre ao meu carón e me protexa. E dese xeito, possumus!, poderemos, seremos capaces de terte a Ti por modelo.
Non é presunción afirmar possumus! Xesucristo ensínanos este camiño divino, pídenos que o emprendamos, porque El o fixo humano e axeitado á nosa fraqueza. Por iso abaixouse tanto. Este foi o motivo polo que se abateu, tomando forma de servo aquel Señor que como Deus era igual ao Pai; mais abateuse na maxestade e potencia, non na bondade nin na misericordia11.
A bondade de Deus quérenos facer fácil o camiño. Non re-xeitemos a invitación de Xesús, non lle digamos que non, non nos fagamos xordos á súa chamada: porque non existen escusas, non temos motivos para continuar pensando que non podemos. El aprendeunos co seu exemplo. Polo tanto, pídovos teimosamente, meus irmáns, que non permitades que se vos mostrase en balde un modelo tan precioso, senón que vosconformedesa El e vos renovedes no espírito da vosa alma12.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/15/ (14-12-2025)