16
Pasou pola terra facendo o ben
Vedes que necesario é coñecer a Xesús, observar amorosamente a súa vida? Moitas veces fun buscar a definición, a biografía de Xesús na Escritura. Atopeina lendo que, con dúas palabras, faina o Espírito Santo: pertransiit benefaciendo13.. Todos os días de Xesucristo na terra, desde o seu nacemento ata a súa morte, foron así: pertransiit benefaciendo, encheunos facendo o ben. E noutro lugar recolle a Escritura: bene omnia fecit14: todo o acabou ben, rematou ben todas as cousas, non fixo máis que o ben.
Ti e mais eu entón, que? Unha ollada para ver se temos algo que emendar. Eu si que atopo moito que refacer. Como me vexo incapaz por min só de facer o ben, e como nos dixo o mesmo Xesús que sen El non podemos nada15, imos ti mais eu ao Señor, a implorarlle a súa asistencia, por medio da súa Nai, con estes coloquios íntimos, propios das almas que aman a Deus. Non engado máis porque é cada un de vós o que ten que falar, segundo a súa propia necesidade. Por dentro e sen ruído de palabras, neste mesmo momento, mentres vos dou estes consellos, aplico persoalmente a doutrina á miña propia miseria.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/16/ (14-12-2025)