182
Reinar servindo
Se deixamos que Cristo reine na nosa alma, non nos converteremos en dominadores, seremos servidores de todos os homes. Servizo. Como me gusta esta palabra! Servir o meu Rei e, por El, a todos os que foron redimidos co seu sangue. Se os cristiáns soubésemos servir! Imos confiar ao Señor a nosa decisión de aprender a realizar esta tarefa de servizo, porque só servindo poderemos coñecer e amar a Cristo, e dalo a coñecer e lograr que outros moitos o amen.
De que xeito o mostraremos ás almas? Co exemplo: que sexamos testemuño seu, coa nosa voluntaria servidume a Xe sucristo, en todas as nosas actividades, porque é o Señor de todas as realidades da nosa vida, porque é a única e a derradeira razón da nosa existencia. Despois, cando prestemos ese testemuño do exemplo, seremos quén de instruír coa palabra, coa doutrina. Así obrou Cristo: coepit facere et docere36, primeiro ensinou con obras, logo coa súa predicación divina.
Servir os demais, por Cristo, esixe ser moi humanos. Se a nosa vida é deshumana, Deus non edificará nada nela, porque ordinariamente non constrúe sobre a desorde, sobre o egoís-mo, sobre a prepotencia. Temos que comprender a todos, temos que convivir con todos, temos que desculpar a todos, temos que perdoar a todos. Non diremos que o inxusto é xusto, que a ofensa a Deus non é ofensa a Deus, que o malo é bo. Mais, ante o mal, non responderemos con outro mal, senón coa doutrina clara e coa acción boa: afogando o mal en fartura de ben37. Así Cristo reinará na nosa alma, e nas almas dos que nos arrodean.
Intentan algúns construír a paz no mundo, sen poñer amor a Deus nos seus propios corazóns, sen servir por amor a Deus ás criaturas. Como será posible realizar, dese xeito, unha misión de paz? A paz de Cristo é a do reino de Cristo; e o reino do noso Señor ten que se cimentar no desexo de santidade, na disposición humilde para recibir a graza, nunha esforzada acción de xustiza, nun divino dispendio de amor.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/182/ (14-12-2025)