19

Cumpriu a vontade do seu Pai Deus

Non me arredo da verdade máis rigorosa, se vos digo que Xesús segue buscando agora pousada no noso corazón. Temos que lle pedir perdón pola nosa cegueira persoal, pola nosa ingratitude. Temos que lle pedir a graza de non lle pechar nunca máis a porta das nosas almas.

Non nos oculta o Señor que esa obediencia rendida á vontade de Deus esixe renuncia e entrega, porque o Amor non pide dereitos: quere servir. El percorreu primeiro o camiño. Xesús, como obedeciches ti? Usque admortem, mortem autem crucis20, ata a morte e morte de cruz. Hai que saír dun mesmo, complicarse a vida, perdela por amor de Deus e das almas. Velaí que ti querías vivir, e non querías que nada che sucedese; pero Deus quixo outra cousa. Existen dúas vontades: a túa vontade debe ser corrixida, para identificarse coa vontade de Deus; e non a de Deus torcida, para acomodarse á túa21.

Eu vin con gozo a moitas almas que xogaron a vida —coma ti, Señor, usque ad mortem—, ao cumprir o que a vontade de Deus lles pedía: dedicaron os seus afáns e o seu traballo profesional ao servizo da Igrexa, para o ben de todos os homes.

Aprendamos a obedecer, aprendamos a servir: non hai ma ior señorío que se querer entregar voluntariamente para ser útil aos demais. Cando sentimos o orgullo que borboriña dentro de nós, a soberbia que nos fai pensar que somos superhomes, ese e o momento de dicir que non, que o noso único triunfo ha ser o da humildade. Dese xeito identificarémonos con Cristo na Cruz, non molestos ou inquedos ou con mala graza, senón ledos: porque esa ledicia, no esquecemento de si mesmo, é a mellor proba de amor.

Notas
20

Phil II, 8-9.

21

Santo Agostiño, Enarrationes in Psalmos, 31, 2, 26 (PL 36, 274)

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma