21
Lembrarlle a un cristián que a súa vida non ten outro sentido que o de obedecer a vontade de Deus, non é separalo dos demais homes. Pola contra, en moitos casos o mandamento recibido do Señor é que nos amemos os uns a os outros coma El nos amou22, vivindo xunto aos demais e igual ca osdemais, entregándonos a servir o Señor no mundo, para dar a coñecer mellor a todas as almas o amor de Deus: para dicirlles que se abriron oscamiños divinos da terra.
Non se limitou o Señor a dicirnos que nos amaba, senón que o demostrou con obras. Non nos esquezamos de que Xesucristo se encarnou para ensinar, para que aprendamos a vivir a vida dos fillos de Deus. Lembrade aquel preámbulo do evanxelista san Lucas nos Feitos dos Apóstolos. Primumquidem sermonem feci de omnibus, o Theophile, quae coepit Iesus facere et docere23, falei de todo o máis notable que fixo e predicou Xesús. Veu ensinar, pero facendo; veu ensinar, pero sendo modelo, sendo o Mestre e o exemplo coa súa conduta.
Agora, diante de Xesús Neno, podemos continuar o noso exame persoal: estamos decididos a procurar que a nosa vida sirva de modelo e de ensinanza aos nosos irmáns, aos nosos iguais, os homes? Estamos decididos a ser outros Cristos? Non basta dicilo coa boca. Ti —pregúntovolo a cada un de vós e pregúntomo a min mesmo—, ti , que por ser cristián estás chamado a ser outro Cristo, mereces que se repita de ti que viñeches, facere et docere, a facer as cousas como un fillo de Deus, atento á vontade do teu Pai, para que deste xeito lles poidas empuxar a todas as almas a participar das cousas boas, nobres, divinas e humanas da redención? Estás vivindo a vida de Cristo, na túa vida ordinaria no medio do mundo?
Facer as obras de Deus non é un fermoso xogo de palabras, senón unha invitación a gastarse por Amor. Hai que morrer a un mesmo, para renacer a unha vida nova. Porque así obedeceu Xesús, ata a morte de cruz, mortem autem crucis. Propter quod et Deus exaltavit illum24. E por isto Deus o exaltou. Se obedecemos á vontade de Deus, a Cruz será tamén Resurrección, exaltación. Cumprirase en nós, paso por paso, a vida de Cristo: poderase asegurar que vivimos procurando ser bos fillos de Deus, que pasamos facendo o ben, a pesar das nosas fraquezas e dos nosos erros persoais, por numerosos que sexan.
E cando veña a morte, que virá inexorable, esperarémola con xúbilo como vin que a souberon esperar tantas persoas santas, no medio da súa existencia ordinaria. Con ledicia: por que se imitamos a Cristo no seu facer o ben —en obede-cer e en levar a cruz, a pesar das nosas miserias—, resucitaremos como Cristo: surrexit Dominus vere! 25, que resucitou de verdade.
Xesús, que se fixo neno, meditádeo, venceu á morte. Con anonadamento, con sinxeleza, con obediencia: coa divinización da vida corrente e vulgar das criaturas, o Fillo de Deus foi vencedor.
Este foi o triunfo de Xesucristo. Dese xeito, elevounos ao seu nivel, ao nivel dos fillos de Deus, baixando ao noso terreo: ao terreo dos fillos dos homes.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/21/ (14-12-2025)