29
Escoitade os vosos fillos, dedicádelles tamén o tempo voso, mostrádelles confianza: créde canto vos digan, aínda que al-gunha vez vos enganen; non vos asustedes das súas rebeldías, posto que tamén vós á súa idade fostes máis ou menos rebeldes; saíde ao seu encontro, á metade do camiño, e rezade por eles, que acudirán aos seus pais con sinxeleza —abofé que se obrades cristiamente así—, en lugar de acudir coas súas lexítimas curiosidades a un amigolo desvergoñado e brutal. A vosa confianza, a vosa relación amigable cos fillos, recibirá como resposta a sinceridade deles para convosco: e isto, aínda que non falten contendas e incomprensións de pouca monta, é a paz familiar, a vida cristiá.
Como describirei —pregúntase un escritor dos primeiros sé culos— a felicidade dese matrimonio que a Igrexa une, que a entrega confirma, que a bendición sela, que os anxos proclaman, e ao que Deus Pai ten por celebrado?... Ámbolos dous esposos son como irmáns, servos o un do outro, sen que se dea entre eles separación ningunha, nin na carne nin no espírito. Porque verdadeiramente son dous nunha soa carne, e onde hai unha soa carne debe haber un só espírito... Ao contemplar eses fogares, Cristo alédase, e envíalles a súa paz; onde están dous, alí está tamén El, e onde El está non pode haber nada malo10.
Tertuliano, Ad uxorem 1, 2, 9 (PL 1, 1302).
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/29/ (14-12-2025)