34
Bo pastor, bo guía
Se a vocación é o primeiro, se a estrela loce de antemán, para orientarnos no noso camiño de amor a Deus, non é lóxico dubidar cando, nalgunha ocasión, se nos oculta. Ocorre en determinados momentos da nosa vida interior, case sempre pola nosa culpa, o que pasou na viaxe dos Reis Magos: que a estrela desaparece. Coñecemos xa o resplandor divino da nosa vocación, estamos persuadidos do seu carácter definitivo, mais quizais o po que levantamos ao andar —as nosas miserias— forma unha nube mesta, que impide o paso da luz.
Que facer entón? Seguir os pasos daqueles homes santos: preguntar. Herodes serviuse da ciencia para comportarse inxustamente; os Reis Magos utilizárona para obrar o ben. Pero os cristiáns non temos necesidade de preguntar a Herodes ou aos sabios da terra. Cristo deulle á súa Igrexa a seguridade da doutrina, a corrente de graza dos Sacramentos; e dispuxo que haxa persoas para orientar, para conducir, para traer constante-mente á memoria o camiño. Dispoñemos dun tesouro infinito de ciencia: a Palabra de Deus, custodiada na Igrexa; a graza de Cristo, que se administra nos Sacramentos; o testemuño e o exemplo dos que viven rectamente á nosa beira, e que souberon construír coas súas vidas un camiño de fidelidade a Deus.
Permitídeme un consello: se algunha vez perdedes a claridade da luz, acudide sempre ao bo pastor. Quen é o bo pastor? O que entra pola porta da fidelidade á doutrina da Igrexa; o que non se comporta como un mercenario que vendo vir o lobo, desampara ás ovellas e foxe; e o loboarrebátaas e dispersa o rabaño15. Mirade que a palabra divina non é baldeira; e a insistencia de Cristo —non vedes con que agarimo fala do pastor e das ovellas, do ovil e do rabaño?— é unha demostración práctica da necesidade dun bo guía para a nosa alma.
Se non houbese pastores malos, escribe santo Agostiño, El non o precisaría, falando do bo. Quen é o mercenario? O que ve o lobo e foxe. O que busca a súa gloria e non a gloria de Cristo; o que non se atreve a reprobarlles con liberdade de espírito aos pecadores. O lobo colle unha ovella polo pescozo, o diabo induce a un fiel a cometer adulterio. E ti, calas, non reprobas. Ti es mercenario; viches vir ao lobo e fuxiches. Quizais el diga: non; estou aquí, non fuxín. Non, respondo, fuxiches porque calaches; e calaches, porque tiveches medo16.
A santidade da Esposa de Cristo demostrouse sempre — como se demostra tamén hoxe— pola abundancia de bos pastores. Mais a fe cristiá, que nos aprende a ser sinxelos, non nos induce a ser inxenuos. Hai mercenarios que calan, e hai mercenarios que falan palabras que non son de Cristo. Por iso, se o Señor permite que quedemos ás escuras, mesmo en cousas pequenas; se sentimos que a nosa fe non é firme, acudamos ao bo pastor, ao que entra pola porta exercendo o seu dereito, ao que, dando a súa vida polos demais, quere ser, na palabra e na conduta, unha alma namorada: un pecador quizais tamén, pero que confía sempre no perdón e na misericordia de Cristo.
Se a vosa conciencia vos reproba por algunha falta —aínda que non pareza grave—, se dubidades, acudide ao Sacramento da Penitencia. Ide ao sacerdote que vos atende, ao que sabe esixir de vós fe rexa, fineza de alma, verdadeira fortaleza cristiá. Na Igrexa existe a máis plena liberdade para confesarse con calquera sacerdote, que teña as lexítimas licencias; pero un cristián de vida clara acudirá —libremente!— a aquel que coñece como bo pastor, que o pode axudar a levantar a vista, para vol ver ver no alto a estrela do Señor.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/34/ (14-12-2025)