37

E, cos Reis Magos, ofrecemos tamén mirra, o sacrificio que non debe faltar na vida cristiá. A mirra tráenos a lembranza da Paixón do Señor: na Cruz danlle a beber mirra mesturada con viño32, e con mirra unxiron o seu corpo para a sepultura33. Mais non pensedes que, reflexionar sobre a necesidade do sacrificio e da mortificación, signifique engadir unha nota de tristura a esta festa alegre que celebramos hoxe.

Mortificación non é pesimismo, nin espírito agre. A morti-ficación non vale nada sen a caridade: por iso temos que buscar mortificacións que, facéndonos pasar con señorío sobre as cousas da terra, non mortifiquen os que viven connosco. O cristián non pode ser un verdugo nin un miserable; é un home que sabe amar con obras, que proba o seu amor na pedra de toque da dor.

Pero hei dicir, outra vez, que esa mortificación non consistirá de ordinario en grandes renuncias, que tampouco son frecuentes. Estará composta de pequenos vencementos: sorrir a quen nos importuna, negar ao corpo antollos de bens superfluos, afacernos a escoitar os demais. Facer render o tempo que Deus pon á nosa disposición... E tantos detalles máis, insignificantes en aparencia, que xorden sen que os busquemos —contrariedades, dificultades, desabores—, ao longo de ca-da día.

Notas
32

Cfr. Mc XV, 23.

33

Cfr. Ioh XIX, 39.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma