38

Sancta Maria, Stella Orientis

Remato, repetindo unhas palabras do Evanxeo de hoxe: entrando na casa,viron o Neno con María, a súa Nai. Nosa Señora non se afasta do seu Fillo. Os Reis Magos non son recibidos por un rei apoleirado no seu trono, senón por un Neno nos brazos da súa Nai. Pidámoslle á Nai de Deus, que é nosa Nai, que nos prepare o camiño que leva ao amor pleno: CorMariae dulcissimum, iter para tutum! O seu doce corazón coñece o vieiro máis seguro para atopar a Cristo.

Os Reis Magos tiveron unha estrela; nós temos a María, Stella maris, Stella orientis. Dicímoslle hoxe: Santa María, Estrela do mar, Estrela da mañá, axuda os teus fillos. O noso celo polas almas non debe coñecer fronteiras, que ninguén está excluído do amor de Cristo. Os Reis Magos foron as primicias dos xentís; pero, consumada a Redención, xa non haixudeu ou grego, non hai servo ou libre, non hai home ou muller —non existe discriminación de ningún tipo—, porquetodos sodes un en Cristo Xesús34.

Os cristiáns non podemos ser exclusivistas, nin separar ou clasificar as almas; virán moitos de Oriente e de Occidente35; no corazón de Cristo caben todos. Os seus brazos —admirámolo de novo na manxadoira— son os dun Neno: pero son os mesmos que se estenderon na Cruz, atraendo a todos os homes36.

E un último pensamento para ese home xusto, o Noso Pai e Señor san Xosé, que, na escena da Epifanía, pasou, como acostuma, inadvertido. Eu albíscoo recollido en contemplación, protexendo con amor o Fillo de Deus que, feito home, foi confiado aos seus coidados paternais. Coa marabillosa delicadeza do que non vive para si mesmo, o Santo Patriarca prodígase nun servizo tan silandeiro como eficaz.

Falamos hoxe da vida de oración e do afán apostólico. Que mellor mestre que san Xosé? Se queredes un consello que incansablemente repito desde hai moitos anos, Ite ad Ioseph37, acudide a Xosé: el vos aprenderá camiños concretos e modos humanos e divinos de achegármonos a Xesús. E axiña vos atreveredes, como el fixo, a levar en brazos, a bicar, a vestir, a coidar38 deste Neno Deus que nos naceu. Coa homenaxe da súa veneración, os Magos ofrecéronlle a Xesús ouro, incenso e mirra; Xosé deulle, por enteiro, o seu corazón novo e namorado.

Notas
34

Gal III, 28.

35

Mt VIII, 11.

36

Cfr. Ioh XII, 32.

37

Gen XLI, 55.

38

Da oración de san Xosé, preparatoria á Santa Misa no Misal Romano: O felicem virum, beatum Ioseph, cui datum est, Deum, quem multi reges voluerunt videre et non viderunt, audire et non audierunt; non solum videre et audire sed portare, deosculari, vestire et custodire!

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma