39

A Igrexa enteira recoñece en san Xosé o seu protector e patrón. Ao longo dos séculos falouse del, subliñando diversos aspectos da súa vida, continuamente fiel á misión que Deus lle confiara. Por iso, desde hai moitos anos, gústame invocalo cun título entrañable: Noso Pai e Señor.

San Xosé é realmente Pai e Señor, que protexe e acompaña no camiño terreo os que o veneran, como protexeu e acompañou a Xesús mentres medraba e facíase home. Tratándoo descóbrese que o Santo Patriarca é, ademais, Mestre de vida interior: porque nos aprende a coñecer a Xesús, a convivir con El, a sabérmonos parte da familia de Deus. San Xosé dános esas leccións sendo, como foi, un home corrente, un pai de fami-lia, un traballador que gañaba a vida co esforzo das súas mans. E ese feito ten tamén, para nós, un significado que é motivo de reflexión e de ledicia.

Ao celebrar hoxe a súa festa, quero evocar a súa figura, tra endo á memoria o que del nos di o Evanxeo, para poder dese xeito descubrir mellor o que, a través da vida sinxela do Esposo de Santa María, nos transmite Deus.

Este punto noutro idioma