41

A fe, o amor e a esperanza de Xosé

Non está a xustiza no mero sometemento a unha regra: a rectitude debe nacer de dentro, debe ser fonda, vital, porque o xusto vive da fe 6. Vivir da fe: esas verbas que foron logo tantas veces tema de meditación para o apóstolo Paulo; vense realizadas abondo en san Xosé. O seu cumprimento da vontade de Deus non é rutineiro nin formalista, senón espontáneo e profundo. A lei que vivía todo xudeu practicante non foi para el un simple código nin unha recompilación fría de preceptos, senón expresión da vontade de Deus vivo. Por iso soubo recoñecer a voz do Señor cando se lle manifestou inesperada, sorprendente.

Porque a historia do Santo Patriarca foi unha vida sinxela, mais non unha vida fácil. Despois de momentos de angustia, sabe que o Fillo de María foi concibido por obra do Espírito Santo. E ese Neno, Fillo de Deus, descendente de David segundo a carne, nace nunha cova. Anxos celebran o seu nacemento e personalidades de terras de lonxe véñeno adorar, pero o Rei de Xudea desexa a súa morte e faise necesario fuxir. O  Fillo de Deus é, en aparencia, un neno indefenso, que vivirá en Exipto.

Notas
6

Hab II, 4.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma