45
santificar co traballo
Describindo o espírito da asociación á que dediquei a miña vida, o Opus Dei, dixen que se apoia, como no seu couzón, no traballo ordinario, no traballo profesional exercido no medio do mundo. A vocación divina dános unha misión, convídanos a participar na tarefa única da Igrexa, para ser dese xeito tes-temuño de Cristo perante os nosos iguais os homes e levar todas as cousas cara a Deus.
A vocación acende unha luz que nos fai recoñecer o sentido da nosa existencia. É convencerse, co resplandor da fe, do porqué da nosa realidade terrea. A nosa vida, a presente, a pasada e a que virá, cobra un relevo novo, unha profundidade que denantes non sospeitabamos. Todos os sucesos e acontecementos ocupan agora o seu verdadeiro sitio: entendemos onde nos quere conducir o Señor, e sentímonos como arroiados por esa encarga que se nos confía.
Deus sácanos das tebras da nosa ignorancia, do noso camiñar incerto entre as incidencias da historia, e chámanos con voz forte, como un día o fixo con Pedro e con Andrés: Venite post me, et faciam vos fieri piscatoris hominum11, seguídeme e eu fareivos pescadores de homes, calquera que sexa o posto que ocupemos no mundo.
O que vive de fe pode atopar a dificultade e a loita, a dor e ata a amargura, pero nunca o desánimo nin a angustia porque sabe que a súa vida serve, sabe para que veu á terra. Ego sum lux mundi —exclamou Cristo—;qui sequitur me non ambulat in tenebris, sed habebit lumen vitae12. Eu son a luz do mundo; o que me segue non camiña ás escuras, senón que posuirá a luz da vida.
Para merecer esa luz de Deus fai falta amar, ter a humil-dade de recoñecer a nosa necesidade de ser salvados e dicir con Pe dro: Señor, a quen iremos? Ti gardas palabras de vida eterna. E nós cremos e coñecemos que ti es o Cristo o Fillo de Deus13. Se actuamos de verdade así, se deixamos entrar no noso corazón a chamada de Deus, podemos repetir tamén con verdade que non camiñamos en tebras, pois por riba das nosas miserias e dos nosos defectos persoais, brilla a luz de Deus, como o sol brilla sobre a tempestade.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/45/ (14-12-2025)