47

O traballo acompaña inevitablemente a vida do home sobre a terra. Con el aparecen o esforzo, a fatiga, o cansazo: manifestacións da dor e da loita que forman parte da nosa existencia humana actual, e que son signos da realidade do pecado e da necesidade da redención. Pero o traballo en si mesmo non é unha magoa, nin unha maldición ou un castigo: os que falan así non leron ben a Escritura Santa.

É hora de que os cristiáns digamos moi alto que o traballo é un don de Deus, e que non ten ningún sentido dividir os homes en diversas categorías segundo os tipos de traballo, considerando unhas tarefas máis nobres ca outras. O traballo, todo traballo, é testemuño da realidade do home, do seu domino sobre a creación. É ocasión de desenvolvemento da propia per sonalidade. É vínculo de unión cos demais seres, fonte de recursos para soster á propia familia; medio de contribuír á mellora da sociedade, na que se vive, e ao progreso de toda a Humanidade.

Para un cristián, esas perspectivas alónganse e amplíanse. Porque o traballo aparece como participación na obra creadora de Deus, que, ao crear ao home, bendiciuno dicíndolle: Procreade e multiplicádevos e enchede aterra e sometédea, e dominade os peixes do mar, e as aves do ceo, e todoanimal que se mova encol da terra14. Porque, ademais, ao ter sido asumido por Cristo, o traballo preséntasenos como unha realidade redimida e redentora: non só é o ámbito no que vive o home, senón medio e camiño de santidade, realidade santificable e santi-ficadora.

Notas
14

Gen I, 28.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma