48

Cómpre non esquecer, polo tanto, que esta dignidade do traballo está fundada no Amor. O grande privilexio do home é poder amar, transcendendo dese xeito o efémero e o transitorio. Pode amar ás outras criaturas, dicir un ti e un eu cheos de sentido. E pode amar a Deus, que nos abre as portas do ceo, que nos constitúe membros da súa familia, que nos autoriza tamén a falarlle de ti a Ti, cara a cara.

Por iso o home non se debe limitar a facer cousas, a construír obxectos. O traballo nace do amor, manifesta o amor, e ordénase ao amor. Recoñecemos a Deus non só no espectáculo da natureza, senón tamén na experiencia do noso propio labor, do noso esforzo. O traballo é dese xeito oración, acción de grazas, porque nos sabemos colocados por Deus na terra, amados por El, herdeiros das súas promesas. É xusto que se nos diga: ora comades, orabebades, ou fagades calquera outra cousa, facédeo todo a gloria de Deus15.

Notas
15

1 Cor X, 31.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma