49
O traballo profesional é tamén apostolado, ocasión de entrega aos demais homes, para revelarlles a Cristo e levalos cara a Deus Pai, consecuencia da caridade que o Espírito Santo es palla nas almas. Entre as indicacións, que san Paulo fai aos de Éfeso, sobre como se debe manifestar neles o cambio que supuxo a súa conversión, a súa chamada ao cristianismo, encontramos esta: o que roubaba, xa non roube, pola contra traballe, ocupándose coassúas mans nalgunha tarefa honesta, para ter con que axudar a quen tennecesidade16. Os homes teñen necesidade do pan da terra que sosteña as súas vidas, e tamén do pan do ceo que alumee e lles dea calor aos seus corazóns. Co voso mesmo traballo, coas iniciativas que se promoven a partir desa tarefa, nas vosas conversas, no voso trato, podedes e debedes concretar ese precepto apostólico.
Se traballamos con este espírito, a nosa vida, no medio das limitacións propias da condición terrea, será un anticipo da gloria do ceo, desa comunidade con Deus e cos santos, na que só reinará o amor, a entrega, a fidelidade, a amizade, a alegría. Na vosa ocupación profesional, ordinaria e corrente, atoparedes a materia —real, consistente, valiosa— para rea-lizar toda a vida cristiá, para actualizar a graza que nos vén de Cristo.
Nesa tarefa profesional vosa, feita cara a Deus, poranse en xogo a fe, a esperanza e a caridade. As súas incidencias, as relacións e problemas que trae consigo o voso labor, alimentarán a vosa oración. O esforzo para sacar adiante a propia ocupación ordinaria, será ocasión de vivir esa Cruz que é esencial para o cristián. A experiencia da vosa debilidade, os fracasos que existen sempre en todo esforzo humano, daranvos máis realismo, máis humildade, máis comprensión cos demais. Os éxitos e as alegrías invitaranvos a dar grazas, e a pensar que non vivides para vós mesmos, senón para o servizo dos demais e de Deus.
Eph IV, 28.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/49/ (14-12-2025)