50

Para servir, servir

Para comportarse así, para santificar a profesión, fai falta ante todo traballar ben, con seriedade humana e sobrenatural. Quero lembrar agora por contraste, o que conta un deses vellos relatos dos evanxeos apócrifos: O pai de Xesús, que era carpinteiro, facía arados e xugos. Unha vez —continúa a narración— encargáronlle un leito, certas persoas de boa posición. Pero resultou que un dos varais era máis curto có outro, polo que Xosé non sabía que facer. Entón o Neno Xesús díxolle ao seu pai: pon en terra os dous paus e iguálaos por un extremo. Así o fixo Xosé. Xesús púxose á outra banda, tomou o varal máis curto e estirouno, deixándoo tan longo coma o outro. Xosé, o seu pai, encheuse de admiraciónao ver o prodixio, e cubriu ao Neno de apertas e bicos, dicindo: ditoso eu, porque Deus me deu esteNeno17.

Xosé non daría grazas a Deus por estes motivos; o seu traballo non podía ser dese xeito. San Xosé non é o home das solucións fáciles e milagreiras, senón o home da perseveranza, do esforzo e —cando fai falta— do enxeño. O cristián sabe que Deus fai milagres: que os realizou hai séculos, que os continuou facendo despois e que os segue a facer agora, por-que  non estabbreviata manus Domini18, non diminuíu o poder de Deus.

Pero os milagres son unha manifestación da omnipotencia salvadora de Deus, e non un expediente para resolver as consecuencias da ineptitude ou para facilitar a nosa comodidade. O milagre que vos pide o Señor é a perseveranza na vosa vocación cristiá e divina, a santificación do traballo cotián: o milagre de converter a prosa diaria en hendecasílabos, verso heroico, polo amor que poñedes na vosa ocupación habitual. Aí  vos espera Deus, de xeito que sexades almas con sentido de responsabilidade, con afán apostólico, con competencia profesional.

Por iso, como lema para o voso traballo, podo indicarvos este: para servir,servir. Porque, en primeiro lugar, para realizar as cousas, hai que as saber rematar. Non creo na rectitude de intención de quen non se esforza en acadar a competencia necesaria, co fin de cumprir debidamente as tarefas que ten encomendadas. Non basta querer facer o ben, senón que hai que saber facelo. E, se realmente queremos, ese desexo traducirase no empeño por poñer os medios adecuados para deixar as cousas acabadas, con humana perfección.

Notas
17

Evanxeo da infancia, falsamente atribuído ao apóstolo Tomé, n. 13; en Los evangelios apócrifos, edición de A. Santos Otero, Madrid 1956, p. 314-315.

18

Is LIX, 1.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma