52

Ás veces, cando se tratase de persoas máis pobres ca el, Xosé traballaría aceptando algo de pouco valor, que deixase á outra persoa coa satisfacción de pensar que lle pagara. Normalmente Xosé cobraría o que fose razoable, nin máis nin menos. Sabería esixir o que, en xustiza, lle debían, xa que a fidelidade a Deus non pode supor a renuncia a dereitos que en realidade son deberes. San Xosé tería que esixir o xusto, porque coa recompensa dese traballo debía soster á Familia que Deus lle encomendara.

A esixencia do propio dereito non debe ser froito dun ego ísmo individualista. Non se ama a xustiza, se non se ama vela cumprida con relación aos demais. Como tampouco é lícito pecharse nunha relixiosidade cómoda, esquecendo as necesidades dos outros. O que desexa ser xusto aos ollos de Deus esfórzase ao tempo en facer que a xustiza se realice de feito entre os homes. E non só polo bo motivo de que non sexa aldraxado o nome de Deus, senón porque ser cristián significa recoller todas as instancias nobres que hai no humano. Parafra-seando un coñecido texto do apóstolo san Xoán19, pódese dicir que quen afirma que é xusto con Deus pero non é xusto cos demais homes, mente: e a verdade non habita nel.

Como todos os cristiáns que vivimos aquel momento, recibín tamén con emoción e ledicia a decisión de celebrar a festa litúrxica de san Xosé Obreiro. Esa festa, que é unha canonización do valor divino do traballo, mostra como a Igrexa na súa vida colectiva e pública, faise eco das verdades centrais do Evanxeo, que Deus quere que sexan especialmente meditadas nesta época nosa.

Notas
19

Cfr. 1 Ioh IV, 20.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma