56
Xosé, foi no humano, mestre de Xesús; tratouno diariamente, con agarimo delicado, e coidou del con abnegación leda. Non será esta unha boa razón para que consideremos este home xusto, este santo Patriarca en quen culmina a fe da Antiga Alianza, como mestre de vida interior? A vida interior non é outra cousa que o trato asiduo e íntimo con Cristo, para identificármonos con El. E Xosé saberá dicirnos moitas cousas sobre Xesús. Por iso, non deixedes nunca a súa devoción, ite ad Ioseph, como ten dito a tradición cristiá cunha frase tomada do Antigo Testamento25.
Mestre de vida interior, traballador persistente na súa tarefa, servidor fiel de Deus en relación continua con Xesús: este é Xosé. Ite ad Ioseph. Con san Xosé, o cristián aprende o que é ser de Deus e estar plenamente entre os homes, santificando o mundo. Tratade a Xosé e atoparedes a Xesús. Tratade a Xosé e atoparedes a María, que encheu sempre de paz o amable obradoiro de Nazaret.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/56/ (14-12-2025)