62
62Aprendamos desta actitude de Xesús. Na súa vida na te-rra, non quixo nin sequera a gloria que lle pertencía, porque tendo dereito a ser tratado como Deus, asumiu a forma de servo, de escravo29. O cristián sabe deste xeito que toda a gloria é para Deus, e que non pode utilizar como instrumento de intereses e de ambicións humanas o valor sublime e a grandeza do Evanxeo.
Aprendamos de Xesús. A súa actitude, ao opoñerse a toda gloria humana, está en perfecta correlación coa grandeza du nha misión única: a do Fillo amadísimo de Deus, que se encarna para salvar os homes. Unha misión que o agarimo do Pai arrodeou dunha solicitude chea de tenrura: Filius meus es tu, ego hodie genui te. Postula a me et dabo tibi gentes hereditatem tuam30. Ti es o meu fillo, eu xereite hoxe. Pide, e dareiche ás xentes como herdade.
O cristián que —seguindo a Cristo— vive nesa actitude de completa adoración do Pai, recibe tamén do Señor pala-bras de agarimosa solicitude: Porque espera en min, librareino; protexereino, porque coñece o meu nome31.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/62/ (14-12-2025)