79

O Noso Pai Deus deunos coa Orde sacerdotal, a posibi-lidade de que algúns fieis, en virtude dunha nova e inefable infusión do Espírito Santo, reciban un carácter indeleble na alma, que os configura con Cristo Sacerdote, para actuar no nome de Xesucristo, Cabeza do seu Corpo Místico15. Con este sacerdocio ministerial, que difire esencialmente do sacerdocio común de todos os fieis, e non con diferenza de grao16, os ministros sagrados poden consagrar o Corpo e o Sangue de Cristo, ofrecer a Deus o Santo Sacrificio, perdoar os pecados na confesión sacramental, e exercitar o ministerio de adoutrinar ás xentes, in iis quae sunt ad Deum17, en todo e só o que se refire a Deus.

Por iso o sacerdote debe ser exclusivamente un home de Deus, rexeitando o pensamento de querer brillar en campos nos que os demais cristiáns non o necesitan. O sacerdote non é un psicólogo, nin un sociólogo, nin un antropólogo: é outro Cristo, Cristo mesmo, para atender as almas dos seus irmáns. Sería triste que o sacerdote, baseándose nunha ciencia humana —que, se presta dedicación a súa tarefa sacerdotal, cultivará só a nivel de afeccionado e aprendiz—, se crese facultado sen máis para pontificar en teoloxía dogmática ou moral. O único que faría sería demostrar a súa dobre ignorancia —na ciencia hu-mana e na ciencia teolóxica—, malia que un aire superficial de sabio conseguise enganar a algúns lectores ou oíntes indefensos.

É un feito público que algúns eclesiásticos parecen hoxe dispostos a fabricar unha nova Igrexa, traizoando a Cristo, trocando os fins espirituais —a salvación das almas, unha por unha— por fins temporais. Se non resisten esa tentación, deixarán de cumprir o seu sagrado ministerio, perderán a confian-za e o respecto do pobo e producirán unha tremenda destrución dentro da Igrexa, entremeténdose ademais, indebidamente, na liberdade política dos cristiáns e dos demais homes, coa conseguinte confusión —fanse eles mesmos perigosos— na convivencia civil. A Orde Sagrada é o sacramento do servizo sobrenatural aos irmáns na fe; algúns parecen querer convertelo en instrumento terreo dun novo despotismo.

Notas
15

Cfr. Concilium Tridentinum, sess. XXIII, c. 14. Concilium Vaticanum II, Decr. Presbyterorum ordinis, n. 2.

16

Cfr. Concilium Vaticanum II, Const. Lumen Gentium, n. 10.

17

Heb V. 1.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma