81

Responsabilidade dos pastores

Na Igrexa de Deus, o tesón constante por ser sempre máis leais á doutrina de Cristo, é unha obriga de todos. Ninguén está exento. Se os pastores non loitasen persoalmente para adquirir finura de conciencia, respecto fiel ao dogma e a moral —que constitúen o depósito da fe e o patrimonio común—, faríanse realidade as proféticas palabras de Ezequiel: Fillo do Home, profetiza contra os pastores de Israel. Profetiza, dicíndolles: así fala o Señor Iavé: ai dos pastores de Israel que se apacentan a si mesmos! Os pastores non son para apacentar o rabaño? Vós comiades a gordura das ovellas, vestiádesvos da súa la... Non confortastes as fracas, non curastes as enfermas, non vendastes as fe-ridas, non encamiñastes as descarreiradas, non buscabades as que se perderan, senón que dominabades a todas con violencia e du reza19.

Son reprensións fortes, pero máis grave é a ofensa que se lle fai a Deus cando, logo de recibir a encomenda de velar polo ben espiritual de todos, aldráxase ás almas, privándoas da auga limpa do Bautismo, que rexenera; do aceite balsámico da Confirmación, que a fortalece; do tribunal que perdoa, do alimento que dá a vida eterna.

Cando pode suceder isto? Cando se abandona esta guerra de paz. O que non pelexa, exponse a calquera das escravitudes, que saben aferrollar os corazóns de carne: a escravitude dunha visión excesivamente humana, a escravitude dun desexo afano-so de poder e de prestixio temporal, a escravitude da vaidade, a escravitude do diñeiro, a servidume da sensualidade...

Se algunha vez, porque Deus pode permitir esa proba, tropezades con pastores indignos deste nome, non vos escanda-licedes. Cristo prometeu asistencia infalible e indefectible á súa Igrexa, mais non garantiu a fidelidade dos homes que a compoñen. A estes non lles ha faltar a graza —abondosa, xenerosa— se poñen pola súa banda o pouco que Deus lles pide: vixiar atentamente teimando por sacar, coa graza de Deus, os atrancos para acadar a santidade. Se non hai loita, tamén o que semella estar alto pode estar moi baixo aos ollos de Deus. Coñe-zo as túas accións, a túa conduta; sei que tes nome de vivente e estás morto. Está atento e consolida o que queda da túa grea, que está para morrer, pois non atopei as túas obras cabais na presenza do meu Deus. Lembra, que cousas recibiches e oíches, e gárdaas e arrepíntete20.

Son exhortacións do apóstolo san Xoán, no século primeiro, dirixidas aos que tiñan a responsabilidade da Igrexa na cidade de Sardis. Porque o posible decaemento do sentido de responsabilidade nalgúns pastores non é un fenómeno moderno; xorde xa no tempo dos apóstolos, no mesmo século no que vivira na terra Xesucristo Noso Señor. E é que ninguén está seguro, se deixa de pelexar consigo mesmo. Ninguén se pode salvar só. Todos na Igrexa necesitamos deses medios concretos que nos fortalezan: a humildade que nos dispón a aceptar a axuda e o consello; as mortificacións, que achanzan o corazón, para que reine nel Cristo; o estudo da Doutrina segura de sempre, que nos conduce a conservar en nós a fe e a propagala.

Notas
19

Ez XXXIV, 2-4.

20

Apoc III, 1-3.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma