85

A Eucaristía e o misterio da Trindade

Esta corrente trinitaria de amor polos homes perpetúase de xeito sublime na Eucaristía. Hai moitos anos, aprendemos todos no catecismo que a Sagrada Eucaristía pode ser considerada como Sacrificio e como Sacramento; e que o Sacramento se nos mostra como Comuñón e como un tesouro no altar: no Sagrario. A Igrexa dedica outra festa ao misterio eucarístico, ao Corpo de Cristo —Corpus Christi— presente en todos os tabernáculos do mundo. Hoxe, no Xoves Santo, ímonos fixar na Sagrada Eucaristía, Sacrificio e alimento, na Santa Misa e na Sa grada Comuñón.

Falaba de corrente trinitaria de amor polos homes. E, onde advertila mellor que na Misa? A Trindade enteira actúa no santo sacrificio do altar. Por iso gústame tanto repetir na colecta, na secreta e na poscomuñón aquelas palabras dos fieis. Por Xesucristo, Noso Señor, Fillo teu —dirixímonos ao Pai—, que vive e reina contigo en unidade do Espírito Santo, Deus, por todos os séculos dos séculos. Amén.

Na Misa, a pregaria ao Pai faise constante. O sacerdote é un representante do Sacerdote eterno, Xesucristo, que ao mesmo tempo é a Vítima. E a acción do Espírito Santo na Misa non é menos inefable nin menos certa. Porvirtude do Espírito Santo, escribe san Xoán Damasceno, efectúase aconversión do pan no Corpo de Cristo12.

Esta acción do Espírito Santo queda expresada claramente cando o sacerdote invoca a bendición divina sobre a ofrenda: Vén santificador omnipotente, eterno Deus, e bendice este sacrificio preparado ao teu santo nome13, o holocausto que dará ao Nome santísimo de Deus a gloria que lle é debida. A santificación, que imploramos, é atribuída ao Paráclito, que o Pai e o Fillo nos envían. Recoñecemos tamén esa presenza activa do Espírito Santo no sacrificio cando dicimos, pouco antes da comuñón: Señor, Xesucristo, Fillo de Deus vivo, que por vontade do Pai, cooperando o Espírito Santo, vivificaches o mundo coa túa morte...14.

Notas
12

San Xoán Damasceno, De fide ortodoxa, 13 (PG 94, 1139).

13

Misal Romano, Ofertorio, Invocación ao Espírito Santo.

14

Misal Romano, Oracións preparatorias para a Comuñón.

Este punto noutro idioma