87

A Santa Misa na vida do cristián

A Santa Misa sitúanos deste xeito ante os misterios primordiais da fe, porque é a doazón mesma da Trindade á Igrexa. Así enténdese que a Misa sexa o centro e a raíz da vida espiritual do cristián. É o fin de todos os sacramentos18. Na Misa encamíñase cara a súa plenitude a vida da graza, que foi depositada en nós polo Bautismo, e que medra, fortalecida pola Confirmación. Cando participamos da Eucaristía, escribe san Cirilo de Xerusalén, experimentamos a espiritualización deificante do Espírito Santo, que non só nos configura con Cristo, como sucede no Bautismo, senón quenos cristifica por enteiro, asociándonos á plenitude de Cristo Xesús19.

A efusión do Espírito Santo, ao cristificarnos, lévanos a que nos recoñezamos fillos de Deus. O Paráclito, que é caridade, aprén-denos a fundir con esa virtude toda a nosa vida; e consummati in unum20, feitos unha soa cousa con Cristo, poderemos ser entre os homes o que santo Agostiño afirma da Eucaristía: signo de unidade, vínculo de Amor21.

Non descubro nada novo se digo que algúns cristiáns te-ñen unha visión moi pobre da Santa Misa, que para outros é un mero rito exterior, cando non un convencionalismo social. E é que os nosos corazóns, mesquiños, son capaces de vivir rutineiramente a maior doazón de Deus aos homes. Na Misa, nesta Misa que agora celebramos, intervén de modo especial, repito, a Trindade Santísima. Corresponder a tanto amor esi-xe de nós unha entrega total, do corpo e da alma: oímos a  Deus, falámoslle, vémolo, degustámolo. E cando as palabras non son suficientes, cantamos animando á nosa lingua — Pange, lingua!— a que proclame, en presenza de toda a humanidade, as grandezas do Señor.

Notas
18

Cfr. san Tomé, S. Th. III, q. 65, a. 3.

19

Catecheses, 22, 3.

20

Ioh XVII, 23.

21

Santo Agostiño, In Ioannis Evangelium tractatus, 26, 13 (PL 35, 1613).

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma