9
O sal da mortificación
Para santificarse, o cristián corrente —que non é un relixioso, que non se afasta do mundo, porque o mundo é o seu lugar de encontro con Cristo— non necesita hábito externo, nin signos distintivos. Os seus signos son internos: a presenza de Deus constante e o espírito de mortificación. En realidade, unha soa cousa, porque a mortificación non é máis cá oración dos sentidos.
A vocación cristiá é vocación de sacrificio, de penitencia, de expiación. Temos que reparar polos nosos pecados —en cantas ocasións teremos virado a cara, para non ver a Deus!— e por todos os pecados dos homes. Temos que seguir de cerca as pegadas de Cristo: traemos sempre no noso corpo amortifi-cación, a abnegación de Cristo, o seu abatemento na Cruz, para quetamén nos nosos corpos se manifeste a vida de Xesús44. O noso camiño é de inmolación e, nesta renuncia, atoparemos o gaudium cum pace, a ledicia e a paz.
Non miramos o mundo con xesto triste. Involuntariamente quizais, fixeron un feble servizo á catequese eses biógrafos de santos que querían, a toda costa, atopar cousas extraordinarias nos servos de Deus, aínda desde os seus primeiros choros. E contan, dalgúns deles, que na súa nenez non choraban, por mortificación non mamaban os venres... Ti e mais eu nacemos chorando como Deus manda; e asiamos o peito da nosa nai sen nos preocupar de Coresmas e de Témporas...
Agora, co auxilio de Deus aprendemos a descubrir, ao longo da xornada en aparencia sempre igual, spatium verae po enitentiae, tempo de verdadeira penitencia; e neses intres facemos propósitos de emendatio vitae, de mellorar a nosa vida. Este é o camiño para dispoñérmonos á graza e ás inspiracións do Espírito Santo na alma. E con esa graza —repito— vén o gaudium cum pace, a ledicia, a paz e a perseveranza no camiño45.
A mortificación é o sal da nosa vida. E a mellor mortificación é a que combate —en pequenos detalles durante todo o día—, a concupiscencia da carne, a concupiscencia dos ollos e a soberbia da vida. Mortificacións que non mortifiquen os demais, que nos volvan máis delicados, máis comprensivos, máis abertos a todos. Ti non serás mortificado se es susceptible, se es-tás pendente só dos teus egoísmos, se asoballas aos outros, se non te sabes privar do superfluo e ás veces do necesario; se te entristeces, cando as cousas non saen segundo as tiñas previsto. Pola contra, es mortificado se te sabes facer todo para todos, para gañar a todos46.
2 Cor IV, 10.
Gaudium cum pace, enmendationem vitae, spatium verae penitentiae, gratiam et consolationem Sancti Spiritus, perseverantiam in bonis operibus, tribuat nobis omnipotens et misericors Dominus. Amen. (Breviario Romano, oración prepara-toria para a Santa Misa).
1 Cor IX, 22.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/es-cristo-que-pasa/9/ (14-12-2025)