NO OBRADOIRO DE XOSÉ

Homilía pronunciada o 19-III-1963

A Igrexa enteira recoñece en san Xosé o seu protector e patrón. Ao longo dos séculos falouse del, subliñando diversos aspectos da súa vida, continuamente fiel á misión que Deus lle confiara. Por iso, desde hai moitos anos, gústame invocalo cun título entrañable: Noso Pai e Señor.

San Xosé é realmente Pai e Señor, que protexe e acompaña no camiño terreo os que o veneran, como protexeu e acompañou a Xesús mentres medraba e facíase home. Tratándoo descóbrese que o Santo Patriarca é, ademais, Mestre de vida interior: porque nos aprende a coñecer a Xesús, a convivir con El, a sabérmonos parte da familia de Deus. San Xosé dános esas leccións sendo, como foi, un home corrente, un pai de fami-lia, un traballador que gañaba a vida co esforzo das súas mans. E ese feito ten tamén, para nós, un significado que é motivo de reflexión e de ledicia.

Ao celebrar hoxe a súa festa, quero evocar a súa figura, tra endo á memoria o que del nos di o Evanxeo, para poder dese xeito descubrir mellor o que, a través da vida sinxela do Esposo de Santa María, nos transmite Deus.

A figura de san Xosé no Evanxeo

Tanto san Mateu como san Lucas falan de san Xosé como dun home que descendía dunha estirpe ilustre: a de David e Salomón, reis de Israel. Os detalles desta ascendencia son historicamente algo confusos: non sabemos cal das dúas xenealoxías, que traen os evanxelistas, corresponde a María —Nai de Xesús segundo a carne— e cal a san Xosé, que era o seu pai segundo a lei xudía. Nin sabemos se a cidade natal de san Xosé foi Belén, onde se dirixiu para empadroarse, ou Nazaret, onde vivía e traballaba.

Sabemos, pola contra, que non era unha persoa rica: era un traballador, como millóns doutros homes en todo o mundo; exercía o oficio fatigoso e humilde que Deus escollera para si, ao tomar a nosa carne e ao querer vivir trinta anos coma un máis entre nós.

A Sagrada Escritura di que Xesús era un artesán. Varios Padres engaden que foi carpinteiro. San Xustino, falando da vida de traballo de Xesús, afirma que facía arados e xugos1; poida que baseándose nesas palabras, san Isidoro de Sevilla conclúa que san Xosé era ferreiro. En todo caso, un obreiro que traballaba en servizo dos seus concidadáns, que tiña unha habilidade manual, froito de anos de esforzo e de suor.

Das narracións evanxélicas se desprende a gran personalidade humana de Xosé: en ningún momento se nos aparece como un home apoucado ou asustado ante a vida; pola contra, sabe facerlle fronte aos problemas, saír adiante nas situacións difíciles, asumir con responsabilidade e iniciativa as tarefas que se lle encomendan.

Non estou de acordo coa forma clásica de representar a san Xosé como un home ancián, aínda que fose coa boa intención de destacar a perpetua virxindade de María. Eu imaxínoo novo, forte, poida que con algúns anos máis ca Nosa Señora, pero na plenitude da idade e da enerxía humana.

Para vivir a virtude da castidade, non hai que esperar a ser vello ou a carecer de vigor. A pureza nace do amor e, para o amor limpo, non son atrancos a robustez e a alegría da mocidade. Novo era o corazón e o corpo de san Xosé cando contraeu matrimonio con María, cando soubo do misterio da súa Maternidade divina, cando viviu xunta Ela respectando a integridade que Deus quería legar ao mundo, como un sinal máis da súa vinda entre as criaturas. Quen non sexa capaz de entender un amor así, sabe moi pouco do que é o verdadeiro amor, e descoñece por enteiro o sentido cristián da castidade.

Era Xosé, diciamos, un artesán de Galilea, un home como tantos outros. E que pode esperar da vida un habitante dunha aldea perdida, como era Nazaret? Só traballo, todos os días, sempre co mesmo esforzo. E, ao rematar a xornada, unha casa pobre e pequena, para repoñer forzas e recomezar ao día seguinte a tarefa.

Pero o nome de Xosé significa en hebreo, Deus engadirá. Deus engade, á vida santa dos que cumpren a súa vontade, dimensións insospeitadas: o importante, o que dá o seu valor a todo, o divino. Deus, á vida humilde e santa de Xosé, engadiu —de se me permitir falar así— a vida da Virxe María e a de Xesús, Noso Señor. Deus non se deixa nunca gañar en xenerosidade. Xosé podía facer súas as palabras que pronunciou Santa María, a súa esposa: Quia fecit mihi magna qui potens est, fixo en min cousas grandes Aquel que é todopoderoso, quia respexit humilitatem, porque se fixou na miña pequenez2.

Xosé era efectivamente un home corrente, no que Deus se confiou para facer cousas grandes. Soubo vivir, tal e como o Señor quería, todos e cada un dos acontecementos que compuxeron a súa vida. Por iso, a Escritura Santa gaba a Xosé, afirmando que era xusto3. E, na linguaxe hebrea, xusto quere dicir piadoso, servidor irreprochable de Deus, cumpridor da vontade divina4; outras veces significa bo e caritativo co próximo5. Nunha palabra, o xusto é o que ama a Deus e demostra ese amor, cumprindo os seus mandamentos e orientando toda a súa vida en servizo dos seus irmáns, os demais homes.

A fe, o amor e a esperanza de Xosé

Non está a xustiza no mero sometemento a unha regra: a rectitude debe nacer de dentro, debe ser fonda, vital, porque o xusto vive da fe 6. Vivir da fe: esas verbas que foron logo tantas veces tema de meditación para o apóstolo Paulo; vense realizadas abondo en san Xosé. O seu cumprimento da vontade de Deus non é rutineiro nin formalista, senón espontáneo e profundo. A lei que vivía todo xudeu practicante non foi para el un simple código nin unha recompilación fría de preceptos, senón expresión da vontade de Deus vivo. Por iso soubo recoñecer a voz do Señor cando se lle manifestou inesperada, sorprendente.

Porque a historia do Santo Patriarca foi unha vida sinxela, mais non unha vida fácil. Despois de momentos de angustia, sabe que o Fillo de María foi concibido por obra do Espírito Santo. E ese Neno, Fillo de Deus, descendente de David segundo a carne, nace nunha cova. Anxos celebran o seu nacemento e personalidades de terras de lonxe véñeno adorar, pero o Rei de Xudea desexa a súa morte e faise necesario fuxir. O  Fillo de Deus é, en aparencia, un neno indefenso, que vivirá en Exipto.

Ao narrar estas escenas no seu Evanxeo, san Mateu pon constantemente de relevo a fidelidade de Xosé, que cumpre os mandatos de Deus sen vacilacións, aínda que ás veces o sentido deses mandatos lle puidese parecer escuro ou se lle ocultase a súa conexión co resto dos plans divinos.

En moitas ocasións os Padres da Igrexa e os autores espirituais fan resaltar esta firmeza da fe de san Xosé. Referíndose ás palabras do Anxo que lle ordena fuxir de Herodes e refuxiarse en Exipto7, o Crisóstomo comenta: Ao escoitar isto, Xosé non se escandalizou nin dixo: iso parece un enigma. Ti mesmo nos facías saber non hai moito que El salvaría o seu pobo, e agora non é quen nin de se salvar a si mesmo, senón que temos necesidade de fuxir, de emprender unha viaxe e sufrir un longo desprazamento: iso é contrario á túa promesa. Xosé non discorre dese xeito, porque é un home fiel. Tampouco pregunta polo tempo da volta, malia que o Anxo o deixara indeterminado, posto que lle dixera: está alí —en Exipto— ata que eu cho diga. Así e todo, non se crea dificultades por iso, senón que obedece e cre e soporta todas as probas ledamente8.

A fe de Xosé non vacila, a súa obediencia é sempre estrita e rápida. Para comprender mellor esta lección que nos dá o Santo Patriarca, é bo que consideremos que a súa fe é activa, e que a súa docilidade non presenta a actitude da obediencia do que se deixa arrastrar polos acontecementos. Porque a fe cristiá é o máis oposto ao conformismo, ou á falta de actividade e de enerxía interiores.

Xosé abandonouse sen reservas nas mans de Deus, pero nunca rexeitou reflexionar sobre os acontecementos, e así puido acadar do Señor ese grao de intelixencia das obras de Deus, que é a verdadeira sabedoría. Deste xeito, aprendeu pouco a pouco que os designios sobrenaturais teñen unha coherencia divina, que está ás veces en contradición cos plans humanos.

Nas diversas circunstancias da súa vida, o Patriarca non renuncia a pensar, nin abandona a súa responsabilidade. Pola contra: coloca ao servizo da fe toda a súa experiencia humana. Cando volve de Exipto, oíndo que Arquelao reinaba en Xudea en lugar do seu pai Herodes, temeu ir alá 9. Aprendeu a moverse dentro do plan divino e, como confirmación de que de feito Deus quere iso que el albisca, recibe a indicación de retirarse a Galilea.

Así foi a fe de Xosé: plena, confiada, íntegra, manifestada nunha entrega eficaz á vontade de Deus, nunha obediencia intelixente. E, coa fe, a caridade, o amor. A súa fe fúndese co Amor: co amor de Deus que estaba cumprindo as promesas feitas a Abraham, a Xacobe, a Moisés; co agarimo de esposo a María, e co agarimo de pai cara a Xesús. Fe e amor na esperanza da grande misión que Deus, servíndose tamén del —un carpinteiro de Galilea—, estaba iniciando no mundo: a redención dos homes.

Fe, amor, esperanza: estes son os eixes da vida de san Xosé e os de toda vida cristiá. A entrega de san Xosé aparece tecida dese entrecruzarse de amor fiel, de fe amorosa, de esperanza confiada. A súa festa é, por iso, un bo momento para que todos renovemos a nosa entrega á vocación de cristiáns, que a cada un de nós lle concedeu o Señor.

Cando se desexa sinceramente vivir de fe, de amor e de esperanza, a renovación da entrega non é volver a tomar algo que estaba en desuso. Cando hai fe, amor e esperanza, renovarse é —a pesar dos erros persoais, das caídas e das debilidades— manterse nas mans de Deus: confirmar un camiño de fidelidade. Renovar a entrega é renovar, repito, a fidelidade ao que o Señor quere de nós: amar con obras.

O amor ten necesariamente as súas manifestacións características. Por veces fálase do amor como se fose un impulso cara á propia satisfacción, ou un mero recurso para completar egoistamente a propia personalidade. E non é así: amor verdadeiro é saír de si mesmo, entregarse. O amor trae consigo a alegría, pero é unha alegría que ten as súas raíces en forma de cruz. Mentres esteamos na terra e non cheguemos á plenitude da vida futura, non pode haber amor verdadeiro sen experiencia do sacrificio, da dor. Unha dor que se gorenta, que é amable, que é fonte de íntimo gozo, pero dor real, porque supón vencer o propio egoísmo, e tomar o Amor como regra de todas e de cada unha das nosas accións.

As obras do Amor son sempre grandes, aínda que se trate de cousas pequenas en aparencia. Deus achegouse aos homes, pobres criaturas, e díxonos que nos ama: Deliciae meae esse cum filiis hominum10, as miñas delicias son estar entre os fillos dos homes. O Señor dános a coñecer que todo ten importancia: as accións que, con ollos humanos, consideramos extraordinarias; esoutras que, pola contra, cualificamos de pouca categoría. Nada se perde. Ningún home é desprezado por Deus. Todos, seguindo cada un a súa propia vocación —no seu fogar, na súa profesión ou oficio, no cumprimento das obrigas que lle corresponden polo seu estado, nos seus deberes de cidadán, no exercicio dos seus dereitos—, estamos chamados a participar do reino dos ceos.

Iso apréndenos a vida de san Xosé: sinxela, normal e ordinaria, feita de anos de traballo sempre igual, de días huma-namente monótonos, que se suceden os uns aos outros. Penseino moitas veces, ao meditar sobre a figura de san Xosé, e esta é unha das razóns que fan que sinta por el unha devoción especial.

Cando no seu discurso de clausura da primeira sesión do concilio Vaticano II, o pasado 8 de decembro, o Santo Pai Xoán XXIII anunciou que no canon da misa se faría mención do nome de san Xosé, unha altísima personalidade eclesiástica chamoume de seguido por teléfono para dicirme: Rellegamenti!Parabéns!: ao escoitar ese anuncio pensei axiña en vostede, na ledicia que lle tería producido. E así era: porque na asemblea conciliar, que representa á Igrexa enteira reunida no Espírito Santo, proclámase o inmenso valor sobrenatural da vida de san Xosé, o valor dunha vida sinxela de traballo cara a Deus, en total cumprimento da divina vontade.

santificar co traballo

Describindo o espírito da asociación á que dediquei a miña vida, o Opus Dei, dixen que se apoia, como no seu couzón, no traballo ordinario, no traballo profesional exercido no medio do mundo. A vocación divina dános unha misión, convídanos a participar na tarefa única da Igrexa, para ser dese xeito tes-temuño de Cristo perante os nosos iguais os homes e levar todas as cousas cara a Deus.

A vocación acende unha luz que nos fai recoñecer o sentido da nosa existencia. É convencerse, co resplandor da fe, do porqué da nosa realidade terrea. A nosa vida, a presente, a pasada e a que virá, cobra un relevo novo, unha profundidade que denantes non sospeitabamos. Todos os sucesos e acontecementos ocupan agora o seu verdadeiro sitio: entendemos onde nos quere conducir o Señor, e sentímonos como arroiados por esa encarga que se nos confía.

Deus sácanos das tebras da nosa ignorancia, do noso camiñar incerto entre as incidencias da historia, e chámanos con voz forte, como un día o fixo con Pedro e con Andrés: Venite post me, et faciam vos fieri piscatoris hominum11, seguídeme e eu fareivos pescadores de homes, calquera que sexa o posto que ocupemos no mundo.

O que vive de fe pode atopar a dificultade e a loita, a dor e ata a amargura, pero nunca o desánimo nin a angustia porque sabe que a súa vida serve, sabe para que veu á terra. Ego sum lux mundi —exclamou Cristo—;qui sequitur me non ambulat in tenebris, sed habebit lumen vitae12. Eu son a luz do mundo; o que me segue non camiña ás escuras, senón que posuirá a luz da vida.

Para merecer esa luz de Deus fai falta amar, ter a humil-dade de recoñecer a nosa necesidade de ser salvados e dicir con Pe dro: Señor, a quen iremos? Ti gardas palabras de vida eterna. E nós cremos e coñecemos que ti es o Cristo o Fillo de Deus13. Se  actuamos de verdade así, se deixamos entrar no noso corazón a chamada de Deus, podemos repetir tamén con verdade que non camiñamos en tebras, pois por riba das nosas miserias e dos nosos defectos persoais, brilla a luz de Deus, como o sol brilla sobre a tempestade.

A fe e a vocación de cristiáns afectan a toda a nosa existencia, e non só a unha parte. As relacións con Deus son necesariamente relacións de entrega, e asumen un sentido de totalidade. A actitude do home de fe é mirar a vida, con todas as súas dimensións, desde unha perspectiva nova: a que Deus nos dá.

Vós, que celebrades hoxe comigo esta festa de san Xosé, sodes todos homes dedicados ao traballo en diversas profesións humanas, formades diversos fogares, pertencedes a tan distintas nacións, razas e linguas. Educástesvos en aulas de centros docentes ou en obradoiros e oficinas, exercestes durante anos a vosa profesión, mantivestes relacións profesionais e persoais cos vosos colegas, participastes na solución dos problemas colectivos das vosas empresas e da vosa sociedade.

Pois ben: lémbrovos, unha vez máis, que todo iso non é alleo aos plans divinos. A vosa vocación humana é parte, e parte importante, da vosa vocación divina. Esta é a razón pola que vos tedes que santificar, contribuíndo ao mesmo tempo á santificación dos demais, dos vosos iguais, precisamente santificando o voso traballo e o voso ambiente: esa profesión ou oficio que enche os vosos días, que dá fisionomía particular á vosa personalidade humana, que é a vosa maneira de estar no mundo; ese fogar, esa familia vosa; e esa nación, na que nacestes e á que amades.

O traballo acompaña inevitablemente a vida do home sobre a terra. Con el aparecen o esforzo, a fatiga, o cansazo: manifestacións da dor e da loita que forman parte da nosa existencia humana actual, e que son signos da realidade do pecado e da necesidade da redención. Pero o traballo en si mesmo non é unha magoa, nin unha maldición ou un castigo: os que falan así non leron ben a Escritura Santa.

É hora de que os cristiáns digamos moi alto que o traballo é un don de Deus, e que non ten ningún sentido dividir os homes en diversas categorías segundo os tipos de traballo, considerando unhas tarefas máis nobres ca outras. O traballo, todo traballo, é testemuño da realidade do home, do seu domino sobre a creación. É ocasión de desenvolvemento da propia per sonalidade. É vínculo de unión cos demais seres, fonte de recursos para soster á propia familia; medio de contribuír á mellora da sociedade, na que se vive, e ao progreso de toda a Humanidade.

Para un cristián, esas perspectivas alónganse e amplíanse. Porque o traballo aparece como participación na obra creadora de Deus, que, ao crear ao home, bendiciuno dicíndolle: Procreade e multiplicádevos e enchede aterra e sometédea, e dominade os peixes do mar, e as aves do ceo, e todoanimal que se mova encol da terra14. Porque, ademais, ao ter sido asumido por Cristo, o traballo preséntasenos como unha realidade redimida e redentora: non só é o ámbito no que vive o home, senón medio e camiño de santidade, realidade santificable e santi-ficadora.

Cómpre non esquecer, polo tanto, que esta dignidade do traballo está fundada no Amor. O grande privilexio do home é poder amar, transcendendo dese xeito o efémero e o transitorio. Pode amar ás outras criaturas, dicir un ti e un eu cheos de sentido. E pode amar a Deus, que nos abre as portas do ceo, que nos constitúe membros da súa familia, que nos autoriza tamén a falarlle de ti a Ti, cara a cara.

Por iso o home non se debe limitar a facer cousas, a construír obxectos. O traballo nace do amor, manifesta o amor, e ordénase ao amor. Recoñecemos a Deus non só no espectáculo da natureza, senón tamén na experiencia do noso propio labor, do noso esforzo. O traballo é dese xeito oración, acción de grazas, porque nos sabemos colocados por Deus na terra, amados por El, herdeiros das súas promesas. É xusto que se nos diga: ora comades, orabebades, ou fagades calquera outra cousa, facédeo todo a gloria de Deus15.

O traballo profesional é tamén apostolado, ocasión de entrega aos demais homes, para revelarlles a Cristo e levalos cara a Deus Pai, consecuencia da caridade que o Espírito Santo es palla nas almas. Entre as indicacións, que san Paulo fai aos de Éfeso, sobre como se debe manifestar neles o cambio que supuxo a súa conversión, a súa chamada ao cristianismo, encontramos esta: o que roubaba, xa non roube, pola contra traballe, ocupándose coassúas mans nalgunha tarefa honesta, para ter con que axudar a quen tennecesidade16. Os homes teñen necesidade do pan da terra que sosteña as súas vidas, e tamén do pan do ceo que alumee e lles dea calor aos seus corazóns. Co voso mesmo traballo, coas iniciativas que se promoven a partir desa tarefa, nas vosas conversas, no voso trato, podedes e debedes concretar ese precepto apostólico.

Se traballamos con este espírito, a nosa vida, no medio das limitacións propias da condición terrea, será un anticipo da gloria do ceo, desa comunidade con Deus e cos santos, na que só reinará o amor, a entrega, a fidelidade, a amizade, a alegría. Na vosa ocupación profesional, ordinaria e corrente, atoparedes a materia —real, consistente, valiosa— para rea-lizar toda a vida cristiá, para actualizar a graza que nos vén de Cristo.

Nesa tarefa profesional vosa, feita cara a Deus, poranse en xogo a fe, a esperanza e a caridade. As súas incidencias, as relacións e problemas que trae consigo o voso labor, alimentarán a vosa oración. O esforzo para sacar adiante a propia ocupación ordinaria, será ocasión de vivir esa Cruz que é esencial para o cristián. A experiencia da vosa debilidade, os fracasos que existen sempre en todo esforzo humano, daranvos máis realismo, máis humildade, máis comprensión cos demais. Os éxitos e as alegrías invitaranvos a dar grazas, e a pensar que non vivides para vós mesmos, senón para o servizo dos demais e de Deus.

Para servir, servir

Para comportarse así, para santificar a profesión, fai falta ante todo traballar ben, con seriedade humana e sobrenatural. Quero lembrar agora por contraste, o que conta un deses vellos relatos dos evanxeos apócrifos: O pai de Xesús, que era carpinteiro, facía arados e xugos. Unha vez —continúa a narración— encargáronlle un leito, certas persoas de boa posición. Pero resultou que un dos varais era máis curto có outro, polo que Xosé non sabía que facer. Entón o Neno Xesús díxolle ao seu pai: pon en terra os dous paus e iguálaos por un extremo. Así o fixo Xosé. Xesús púxose á outra banda, tomou o varal máis curto e estirouno, deixándoo tan longo coma o outro. Xosé, o seu pai, encheuse de admiraciónao ver o prodixio, e cubriu ao Neno de apertas e bicos, dicindo: ditoso eu, porque Deus me deu esteNeno17.

Xosé non daría grazas a Deus por estes motivos; o seu traballo non podía ser dese xeito. San Xosé non é o home das solucións fáciles e milagreiras, senón o home da perseveranza, do esforzo e —cando fai falta— do enxeño. O cristián sabe que Deus fai milagres: que os realizou hai séculos, que os continuou facendo despois e que os segue a facer agora, por-que  non estabbreviata manus Domini18, non diminuíu o poder de Deus.

Pero os milagres son unha manifestación da omnipotencia salvadora de Deus, e non un expediente para resolver as consecuencias da ineptitude ou para facilitar a nosa comodidade. O milagre que vos pide o Señor é a perseveranza na vosa vocación cristiá e divina, a santificación do traballo cotián: o milagre de converter a prosa diaria en hendecasílabos, verso heroico, polo amor que poñedes na vosa ocupación habitual. Aí  vos espera Deus, de xeito que sexades almas con sentido de responsabilidade, con afán apostólico, con competencia profesional.

Por iso, como lema para o voso traballo, podo indicarvos este: para servir,servir. Porque, en primeiro lugar, para realizar as cousas, hai que as saber rematar. Non creo na rectitude de intención de quen non se esforza en acadar a competencia necesaria, co fin de cumprir debidamente as tarefas que ten encomendadas. Non basta querer facer o ben, senón que hai que saber facelo. E, se realmente queremos, ese desexo traducirase no empeño por poñer os medios adecuados para deixar as cousas acabadas, con humana perfección.

Pero tamén ese servir humano, esa capacidade que poderiamos chamar técnica, ese saber realizar o propio oficio, ten que estar informado por un trazo que foi fundamental no traballo de san Xosé e debería ser fundamental en todo cristián: o espírito de servizo, o desexo de traballar para contribuír ao ben dos demais homes. O traballo de Xosé non foi un labor que mirase cara á autoafirmación, aínda que a súa dedicación a unha vida operativa forxase nel unha personalidade madura, ben debuxada. O Patriarca traballa coa conciencia de cumprir a vontade de Deus, pensando no ben dos seus, Xesús e María, e tendo presente o ben de todos os habitantes da pequena Nazaret.

En Nazaret, Xosé sería un dos poucos artesáns, se é que non era o único. Carpinteiro, posiblemente. Mais, como adoi-ta acontecer nas vilas pequenas, tamén sería quen de facer outras cousas: poñer de novo en marcha un muíño, que non funcionaba. Ou arranxar antes do inverno as fendas dun teito. Xosé quitaba de apuros a moitos, sen dúbida, cun traballo ben acabado. Era o seu labor profesional unha ocupación orientada cara ao servizo, para facer agradable a vida das demais familias da aldea, e acompañado dun sorriso, dunha palabra amable, dun comentario dito como de pasada, pero que devolve a fe e a ledicia a quen está a piques de perdelas.

Ás veces, cando se tratase de persoas máis pobres ca el, Xosé traballaría aceptando algo de pouco valor, que deixase á outra persoa coa satisfacción de pensar que lle pagara. Normalmente Xosé cobraría o que fose razoable, nin máis nin menos. Sabería esixir o que, en xustiza, lle debían, xa que a fidelidade a Deus non pode supor a renuncia a dereitos que en realidade son deberes. San Xosé tería que esixir o xusto, porque coa recompensa dese traballo debía soster á Familia que Deus lle encomendara.

A esixencia do propio dereito non debe ser froito dun ego ísmo individualista. Non se ama a xustiza, se non se ama vela cumprida con relación aos demais. Como tampouco é lícito pecharse nunha relixiosidade cómoda, esquecendo as necesidades dos outros. O que desexa ser xusto aos ollos de Deus esfórzase ao tempo en facer que a xustiza se realice de feito entre os homes. E non só polo bo motivo de que non sexa aldraxado o nome de Deus, senón porque ser cristián significa recoller todas as instancias nobres que hai no humano. Parafra-seando un coñecido texto do apóstolo san Xoán19, pódese dicir que quen afirma que é xusto con Deus pero non é xusto cos demais homes, mente: e a verdade non habita nel.

Como todos os cristiáns que vivimos aquel momento, recibín tamén con emoción e ledicia a decisión de celebrar a festa litúrxica de san Xosé Obreiro. Esa festa, que é unha canonización do valor divino do traballo, mostra como a Igrexa na súa vida colectiva e pública, faise eco das verdades centrais do Evanxeo, que Deus quere que sexan especialmente meditadas nesta época nosa.

Xa temos falado moito deste tema noutras ocasións, pero permitídeme insistir de novo na naturalidade e na sinxeleza da vida de san Xosé, que non se afastaba dos seus veciños nin levantaba barreiras innecesarias.

Por iso, aínda que quizais sexa conveniente nalgúns momentos ou nalgunhas ocasións, de ordinario non me gusta falar de obreiros católicos, de enxeñeiros católicos, de médicos católicos, etc., coma se fosen unha especie dentro dun xénero, coma se os católicos formasen un grupiño separado dos demais, cre ando dese xeito a sensación de que hai un foxo entre os cristiáns e o resto da Humanidade. Respecto a opinión oposta, pero penso que é moito máis propio falar de obreiros que son católicos, ou de católicos que son obreiros; de enxeñeiros que son católicos, ou de católicos que son enxeñeiros. Porque o home que ten fe e exerce unha profesión intelectual, técnica ou manual, é e séntese unido aos demais, igual aos demais, cos mesmos dereitos e obrigas, co mesmo desexo de mellorar, co mesmo afán de enfrontarse cos problemas comúns e de atoparlles solucións.

O católico, asumindo todo iso, saberá facer da súa vida diaria un testemuño de fe, de esperanza e de caridade; testemuño sinxelo, normal, sen necesidade de manifestacións aparatosas, poñendo de relevo —coa coherencia da súa vida— a constante presenza da Igrexa no mundo, xa que todos os católicos son eles mesmos Igrexa, pois son membros con pleno dereito do único Pobo de Deus.

O trato de Xosé con Xesús

Desde hai tempo gústame recitar unha conmovedora invocación a san Xosé, que nos propón a mesma Igrexa, entre as oracións preparatorias da Misa: Xosé, home benaventurado e feliz, ao que lle foi concedido ver e oír ao Deus, a quen moitos reis quixeron ver e oír, e non o viron nin o oíron. E non só velo e oílo senón levalo no colo, bicalo, vestilo e custodialo: roga por nós. Esta oración serviranos para entrar no derradeiro tema que vou tocar hoxe: o trato entrañable de Xosé con Xesús.

Para san Xosé, a vida de Xesús foi un continuo descubrimento da propia vocación. Lembrabamos antes aqueles primeiros anos cheos de circunstancias en aparente contraste: glorificación e fuxida, maxestade dos Magos e pobreza da cova, canto dos Anxos e silencio dos homes. Cando chega o momento de presentar o Neno no Templo, Xosé, que leva a ofrenda modesta dun par de rulas, ve como Simión e Ana proclaman que Xesús é o Mesías. O seu pai e a súa nai escoitaban con admiración20, di san Lucas. Máis tarde, cando o Neno queda no Templo sen que María e Xosé o saiban, ao atopalo de novo despois de tres días na súa procura, o mesmo evanxelista narra que se marabillaron21.

Xosé sorpréndese, Xosé admírase. Deus vaille revelando os seus designios e el esfórzase por entendelos. Como toda alma que quere seguir de preto a Xesús, descobre de seguido que non é posible andar cun paso cansado, que non cabe a rutina. Porque Deus non se conforma coa estabilidade nun nivel conseguido, co descanso no que xa se ten. Deus esixe continuamente máis, e os seus camiños non son os nosos humanos camiños. San Xosé, como ningún home antes e despois del, aprendeu de Xesús a estar atento para recoñecer as marabillas de Deus, a ter a alma e o corazón abertos.

Pero se Xosé aprendeu de Xesús a vivir dun modo divino, atreveríame a dicir que, no humano, lle ensinou moitas cousas ao Fillo de Deus. Hai algo que non me acaba de gustar no título de pai putativo, con que por veces se designa a Xosé, porque ten o perigo de facer pensar que as relacións entre Xosé  e Xesús eran frías e exteriores. Certamente a nosa fe dinos que non era pai segundo a carne, pero non é esa a única paternidade.

A Xosé —lemos nun sermón de santo Agostiño— non só se lle debe o nome de pai, senón que se lle debe máis ca ningún outro. E logo engade: como era pai? Tanto máis profundamente pai, canto máis casta foi a súa paternidade. Algúns pensaban que era pai do Noso Señor Xesucristo, da mesma forma que son pais os demais, que xeran segundo a carne, e non só reciben os seus fillos como froito do seu afecto espiritual. Por iso di san Lucas: pensábase que era pai de Xesús. Por que di só pensábase? Porque o pensamento e o xuízo humanos refírense ao que adoita suceder entre os homes. E o Señor non naceu do xerme de Xosé. Non obstante, á piedade e á caridade de Xosé, naceulle un fillo da Virxe María, que era Fillo de Deus22.

Xosé amou a Xesús como un pai ama o seu fillo, tratouno dándolle todo o mellor que tiña. Xosé, coidando daquel Neno, como lle fora ordenado, fixo de Xesús un artesán: transmitiulle o seu oficio. Por iso os veciños de Nazaret falarán de Xesús, chamándoo indistintamente faber e fabri filius23: artesán e fillo do artesán. Xesús traballou no obradoiro de Xosé e a carón de Xosé. Como sería Xosé, como obraría nel a graza, para ser quen de levar a cabo a tarefa de sacar adiante no humano ao fillo de  Deus?

Porque Xesús debía parecerse a Xosé: no modo de traballar, nos trazos do seu carácter, no xeito de falar. No realismo de Xesús, no seu espírito de observación, no seu xeito de sentarse á mesa e de partir o pan, no seu gusto por expor a doutrina dunha maneira concreta, tomando exemplo das cousas da vida ordinaria, reflíctese o que foi a infancia e a mocidade de Xesús e, polo tanto, o seu trato con Xosé.

Non é posible descoñecer o sublime do misterio. Ese Xesús que é home, que fala co acento dunha rexión determinada de Israel, que se parece a un artesán chamado Xosé, ese é o Fillo de Deus. E, quen lle pode aprender algo a Deus? Mais é realmente home, e vive normalmente: primeiro como neno, logo como rapaz, que axuda no obradoiro de Xosé; finalmente como un home maduro, na plenitude da súa idade. Xesús medraba en sabedoría,en idade e en graza diante de Deus e dos homes24.

Xosé, foi no humano, mestre de Xesús; tratouno diariamente, con agarimo delicado, e coidou del con abnegación leda. Non será esta unha boa razón para que consideremos este home xusto, este santo Patriarca en quen culmina a fe da Antiga Alianza, como mestre de vida interior? A vida interior non é outra cousa que o trato asiduo e íntimo con Cristo, para identificármonos con El. E Xosé saberá dicirnos moitas cousas sobre Xesús. Por iso, non deixedes nunca a súa devoción, ite ad Ioseph, como ten dito a tradición cristiá cunha frase tomada do Antigo Testamento25.

Mestre de vida interior, traballador persistente na súa tarefa, servidor fiel de Deus en relación continua con Xesús: este é Xosé. Ite ad Ioseph. Con san Xosé, o cristián aprende o que é ser de Deus e estar plenamente entre os homes, santificando o mundo. Tratade a Xosé e atoparedes a Xesús. Tratade a Xosé e atoparedes a María, que encheu sempre de paz o amable obradoiro de Nazaret.

Notas
1

San Xustino, Dialogus cum Tryphone, 88, 2, 8, (PG 6, 687).

2

Lc I, 48-49.

3

Cfr. Mt I, 19.

4

Cfr. Gen VII, 1; XVIII, 23-32; Ez XVIII, 5 ss; Prv XII, 10.

5

Cfr. Tob VII, 5; IX, 9.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
6

Hab II, 4.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
7

Cfr. Mt II, 13.

8

San Xoán Crisóstomo, In Matthaeum homiliae, 8, 3, (PG 57, 85).

9

Mt II, 22.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
10

Prv VIII, 31.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
11

Mt IV, 19.

12

Ioh VIII, 12.

13

Ioh VI, 69-70.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
14

Gen I, 28.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
15

1 Cor X, 31.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
16

Eph IV, 28.

Notas
17

Evanxeo da infancia, falsamente atribuído ao apóstolo Tomé, n. 13; en Los evangelios apócrifos, edición de A. Santos Otero, Madrid 1956, p. 314-315.

18

Is LIX, 1.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
19

Cfr. 1 Ioh IV, 20.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
20

Lc II, 33.

21

Lc II, 48.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
22

Santo Agostiño, Sermo 51, 20 (PL 38, 351).

23

Mc VI, 3; Mt XIII, 55.

24

Lc II, 52.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
25

Gen XLI, 55.

Referencias á Sagrada Escritura
Este capítulo noutro idioma