Forxa

Forxa, estruturado da mesma forma que Camiño e Suco, "é un libro de lume, cuxa lectura e meditación poden meter a moitas almas na fragua do Amor divino, e acendelas en afáns de santidade e apostolado, porque este era o desexo de Mons. Escrivá" (Beato Álvaro do Portillo, Presentación). A primeira edición é de 1987.

O mesmo autor explica o título, ao sinalar no breve prólogo: "Como non vou tomar a túa alma -oro puro- para metela en forxa, e traballala co lume e o martelo, ata facer dese ouro nativo unha xoia espléndida que ofrecer ao meu Deus, ao teu Deus?"

O libro consta de 1055 puntos de meditación, distribuídos en 13 capítulos. Moitas desas consideracións teñen carácter autobiográfico, aínda que adoitan aparecer narradas en terceira persoa. A trama do libro segue o itinerario interior dun cristián que anhela a progresiva identificación con Cristo: "Forxa, en definitiva, acompaña a alma no percorrido da súa santificación, desde que percibe a luz da vocación cristiá ata que a vida terrea se abre á eternidade" (Beato Álvaro do Portillo, Presentación).

Este libro noutro idioma