Santo Rosario
Santo Rosario, publicado por primeira vez en 1934, consta dunha serie de consideracións sobre os quince misterios do rosario (gozosos, dolorosos e gloriosos), para facilitar o rezo desa oración mariana e a contemplación desas escenas da vida do Señor e da súa Nai Santísima. O libro conclúe cuns breves comentarios sobre a ladaíña lauretana.
San Josemaría redactou de vez esta pequena obra en 1931, durante a acción de grazas da santa Misa. Publicouse en 1934 co obxecto de axudar os lectores para dirixirse con sinxeleza e confianza á Virxe María e, a través dela, á Santísima Trindade. Porque -como di no prólogo- "o principio do camiño que ten por final a completa tolería por Xesús é un confiado amor a María Santísima".
A partir da publicación da Carta apostólica Rosarium Virginis Mariae, de san Xoán Paulo II, desde o ano 2003, Santo Rosario ten un Apéndice con comentarios aos cinco “misterios de luz”. Como escribe Mons. Javier Echevarría nunha nota introdutoria: “Para facilitar aos lectores a meditación completa do Santo Rosario, tomáronse dos escritos do Fundador do Opus Dei algúns textos, entre moitos posibles, e reuníronse neste apéndice.”
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/santo-rosario/ (14-12-2025)