Suco

"O que nestas páxinas aparece é a vida mesma do cristián, na que -ao paso de Cristo- o divino e o humano entrelázanse sen confusión, pero sen solución de continuidade" (Beato Álvaro do Portillo, Presentación).

Do mesmo xeito que Camiño, Suco é froito da oración persoal e da experiencia de almas de san Josemaría Escrivá. Composto tamén por puntos de meditación, presenta unha atractiva visión das virtudes humanas. "Suco quere alcanzar a persoa enteira do cristián -corpo e alma, natureza e graza-, e non só a intelixencia", escribiu o beato Álvaro do Portillo nunha nota de presentación do libro.

San Josemaría deixara preparado o libro para a súa publicación a falta só da revisión final, que non tivo tempo de facer. A primeira edición apareceu, póstuma, en 1986.

Este libro noutro idioma