Via Crucis

O libro Via Crucis consta de breves comentarios ás catorce estacións do Via Crucis, nacidos da oración persoal de san Josemaría Escrivá.

"O Vía Crucis non é un exercicio triste -comenta o beato Álvaro del Portillo no prólogo-. Moitas veces ensinou Mons. Escrivá de Balaguer que a alegría ten as súas raíces en forma de cruz. Se a Paixón de Cristo é camiño de dor, tamén é o roteiro da esperanza e da vitoria segura. Esta nova obra póstuma de Mons. Escrivá de Balaguer, como as anteriores, foi preparada para axudar a facer oración e, coa graza de Deus, para crecer en espírito de compunción -dor de amor- e de agradecemento ao Señor, que nos rescatou co prezo do seu sangue". A primeira edición de Via Crucis apareceu en 1981.

Este libro noutro idioma